World of Warcraft
World of Warcraft, tamén abreviado WOW, é un videoxogo de rol online multixogador masivo desenvolvido por Blizzard Entertainment dispoñible para os sistemas operativos Windows e Mac OS X. Está baseado no mundo de ficción e a historia de Warcraft onde se adopta o papel dun personaxe virtual que interactúa con outros personaxes e desenvolve situacións nun ambiente fantástico como nun xogo de rol.
Consta de tres expansións oficiais unha chamada World of Warcraft: The Burning Crusade, e a outra chamada World of Warcraft: Wrath of the Lich King e World of Warcraft: Cataclysm. As revisións de parches tamén engaden novos contidos e son bastante frecuentes.
A aceptación do xogo foi enorme. De feito, Blizzard Entertainment anunciou que nos primeiros días de xaneiro de 2010 existían máis de 12 millóns de xogadores rexistrados pagando a subscripción que costa o xogo cada dous meses. A esta cifra poderíase añadir o millón máis que xogan xogadores de contas de proba e os 6 millóns máis que xogan nos servidores piratas ou non oficiais elevando a cifra aos 17 millóns de xogadores
Índice |
Sinopse [editar]
A historia sitúase 4 anos despois da de Warcraft III. Cambia o xénero da estratexia en tempo real polo do rol. Existen dous bandos, a Alianza e a Horda. Cada un destes bandos está composto por seis razas (catro se non temos ningunha expansión)entre as que pode elixir o xogador.
Personaxes [editar]
- Alexstrasza
- Algalon the Observer
- Arthas
- Balnazzar
- Cairne Bloodhoof
- Chromaggus
- Deathwing
- Drek'Thar
- Durotan
- Freya
- Garrosh Hellscream
- Greatmother Geyah
- Grom Hellscream
- Gul'dan
- Illidan Stormrage
- Jaina Proudmoore
- Kael'thas
- Nefarian
- Ragnaros
- Thrall
- Turalyon
- Uther Lightbringer
- Varian Wrynn
- Vol'jin
- Yogg-Saron
Véxase tamén [editar]
Ligazóns Externas [editar]