Hermínio da Palma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHermínio da Palma

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Hermínio da Palma Inácio Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Ferragudo, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xullo de 2009 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Setúbal (pt) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitante , político , terrorista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Hermínio da Palma Inácio, nado en Ferragudo (Lagoa, Algarve) o 29 de xaneiro de 1922 e finado en Lisboa o 14 de xullo de 2009, foi un destacado loitador contra a ditadura de Salazar en Portugal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Oficial mecánico do Exército do Aire, oposto ao réxime salazarista, acusado de subversión foi expulsado do exército e encarcerado. Ao saír foi xefe dos servizos técnicos da KLM no aeroporto de Lisboa, acusado de sabotar avións militares portugueses en 1947 foi detido e enviado á prisión de Aljube, conseguiu fuxir e marchou a Marrocos primeiro e despois ao Brasil onde estableceu un taller de pezas de recambio para avións.

Membro do DRIL participou no secuestro do Santa María e en 1961 entrou clandestinamente en Portugal e secuestrou o avión da liña Casablanca-Lisboa da TAP co obxectivo de guindar folletos contra Salazar en Lisboa, tras esa acción, o primeiro secuestro dun avión comercial no mundo, volveu ao Brasil. En 1965 regresou a Portugal actuando no seo de LUAR, participou na súa primeira acción armada en 1967, roubo da sucursal do Banco de Portugal en Figueira da Foz, fuxiu a París e o goberno portugués solicitou a súa extradición que non lle foi concedida.

En 1968 pretendeu comezar unha insurrección armada tomando a cidade de Covilhã pero foi detido pola policía portuguesa antes de iniciala, conseguiu fuxir da prisión de Porto marchar a España onde foi detido ao ano seguinte pero o goberno español non concedeu a extradición ao portugués e residiu en varios países de Europa e o norte de África ata 1973 cando regresou a Portugal e foi detido pola PIDE, tras triunfar a Revolución dos Caraveis saíu da prisión e foi o xefe de seguridade do Partido Socialista e deputado na Asemblea de Lisboa polo PS.