Noite dos coitelos longos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hitler triunfante: O Führer revisa a Sturmabteilung (SA) en 1935.
Coñécese como noite dos coitelos longos á do 30 de xuño ao 1 de xullo de 1934 durante a que, por orde de Hitler, foron asasinados ou arrestados os principais dirixentes das Sturmabteilung (SA).
Tras a chegada de Adolf Hitler á chancelería do Reich (30 de xaneiro de 1933), o Partido Nacionalsocialista iniciou un proceso para apoderarse de todas as estruturas do estado alemán. Neste proceso correspondeu un papel importante ás SA ou seccións de asalto do partido nazi. As SA constituían un corpo paramilitar creado en 1921 con membros de distintos Freikorps que actuaba como o brazo armado do partido. O líder das SA era Ernst Röhm, antigo oficial do exército imperial e superior de Hitler durante a Primeira Guerra Mundial.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |