Chaqueta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chaqueta de coiro

Unha chaqueta é unha peza de vestir grosa utilizada para protexerse do clima frío ou da choiva, ou simplemente como como complemento estético aínda que non protexa daquel.

Adoita ser de manga longa. Está aberta por adiante e péchase por medio de cremalleira ou botóns.

Esta peza pódese clasificar segundo:

  • o corte: se é de manga longa, de manga curta, de tres cuartos (polos xeonllos), se é curta (polas cadeiras).
  • a composición: se está feita de la, poliéster, pel, acrílico, etc.

A frase "cambiar de chaqueta" alude a esta prenda.