ITM Cup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A ITM Cup (anteriormente National Provincial Championship) é o campionato nacional de liga de rugby en Nova Zelandia. É unha competición que adoita comezar en Xullo e rematar en Outubro ou comezos de Novembro.

A primeira edición tivo lugar no ano 1976, e xa ten pasado por varios formatos na súa historia. En 2006 fíxose o último troco para crear dúas divisións, chamándose ITM Cup exclusivamente á categoría principal, composta por 14 equipos, e quedando os restantes 12 clubes da antiga competición nun campionato non profesional de inferior categoría. Estes 14 equipos son representantes das súas respectivas federacións rexionais, como un campionato entre provincias.

2010 é a primeira tempada na que o torneo se chama ITM Cup, por motivos de patrocinio. Ata o ano pasado foi coñecida como Air NZ Cup polo mesmo motivo.

O alto nivel dos xogadores que participan nesta liga fai que se poida comparar coa Premiership inglesa, o Top 14 francés, a Currie Cup surafricana ou a Pro12.

No hemisferio Sur o calendario rugbístico está disposto de tal xeito que os campionatos nacionais de Suráfrica e Nova Zelandia non coincidan no tempo co potentísimo torneo do Super Rugby, de xeito que os mesmos xogadores que destacan na ITM Cup adoitan ser convocados mais adiante para disputar o Super Rugby nalgún dos 5 equipos neocelandeses.

Equipos e situación xeográfica[editar | editar a fonte]


  • Auckland - (2)
  • Bay of Plenty - (4)
  • Canterbury - (14)
  • Counties Manukau - (3)
  • Hawke´s Bay - (6)
  • Manawatu - (8)
  • North Harbour - (2)
  • Northland - (1)
  • Otago - (15)
  • Southland - (16)
  • Taranaki - (7)
  • Tasman - (10)
  • Waikato - (3)
  • Wellington - (9)


Regions of NZ Numbered.svg


Campións[editar | editar a fonte]


  • 1976 - Bay of Plenty
  • 1977 - Canterbury
  • 1978 - Wellington
  • 1979 - Counties
  • 1980 - Manawatu
  • 1981 - Wellington
  • 1982 - Auckland
  • 1983 - Canterbury
  • 1984 - Auckland
  • 1985 - Auckland
  • 1986 - Wellington
  • 1987 - Auckland
  • 1988 - Auckland
  • 1989 - Auckland
  • 1990 - Auckland
  • 1991 - Otago
  • 1992 - Waikato
  • 1993 - Auckland


  • 1994 - Auckland
  • 1995 - Auckland
  • 1996 - Auckland
  • 1997 - Canterbury
  • 1998 - Otago
  • 1999 - Auckland
  • 2000 - Wellington
  • 2001 - Canterbury
  • 2002 - Auckland
  • 2003 - Auckland
  • 2004 - Canterbury
  • 2005 - Auckland
  • 2006 - Waikato
  • 2007 - Auckland
  • 2008 - Canterbury
  • 2009 - Canterbury
  • 2010 - Canterbury
  • 2011 - Canterbury


Por número de títulos:

Títulos Equipo
16 Auckland
09 Canterbury
04 Wellington
02 Otago
02 Waikato
01 Manawatu
01 Bay of Plenty
01 Counties Manukau

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]