Halestorm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Halestorm
Halestorm.JPG
Orixe Red Lion, Pensilvania, EUA, Flag of the United States.svg
Período 1998 - Actualidade
Xénero(s) hard rock, metal alternativo
Selo(s) discográfico(s) Atlantic Records (EUA), Warner Bros Records
Membros Lzzy Hale
Arejay Hale
Joe Hottinger
Josh Smith
Na rede
www.halestormrocks.com

Halestorm é unha banda de rock estadounidense orixinaria de Red Lion (Pensilvania). O seu primeiro álbum debut foi Halestorm en 2009 coa discográfica Atlantic Records. Os seus membros principais son os irmáns Lzzy (voz e guitarra) e Arejay Hale (batería), e xunto a estes están Joe Hottinger (guitarra e voz secundaria) e Josh Smith (baixo).

Historia[editar | editar a fonte]

Os irmáns Elizabeth e Arejay, comezaron a súa andaina na música con 5 anos, a esa idade ámbolos dous aprenderon a tocar piano. Co paso do tempo, Lzzy especializouse máis no keytar e Arejay na batería. Xa desde 1997, cando tiñan 13 e 10 anos, comezan a escribir e interpretar as súas propias cancións. Con 16 anos Lzzy aprende a tocar a guitarra. No ano 2000 publican o seu primeiro EP Don't Mess With the Time Man.

Non é ata o ano 2003 cando o guitarrista Joe Hottinger forma parte da banda, e no 2004 entra como novo baxista Josh Smith, antes de el o pai dos irmáns, Roger Hale, era o que tocaba o baixo. No 2003 cambian o seu nome durante unhas semanas polo de "method of seduction" chegando a grabar un disco promocional[1], este mesmo é grabado tamén co nome que sería definitivo da banda (Halestorm).

No ano 2005, a banda asina un contrato discográfico con Atlantic Records e un ano despois publican un EP en directo chamado One and Done, este contiña una versión anterior da canción “It's not you” a cal formaría parte do seu primeiro álbum Halestorm, publicado en abril do 2009. O seu single de presentación foi “I Get Off”, seguido de “It's Not You”, e xa no ano 2010 publican tamén videos para "Love/Hate Heartbreak" e “Familiar Taste of Poison”.

En novembro de 2010, publican o seu primeiro CD/DVD chamado Live in Philly 2010, que foi grabado no TLA de Filadelfia a comezos dese mesmo ano. En marzo de 2011, publican un EP chamado ReAnimate: The Covers que conten versións de cancións de distintos xéneros, tales como “Bad Romance” de Lady Gaga ou “Out Ta Get Me” de Guns N' Roses.

En xaneiro de 2012, publican o EP Hello, it's Mz Hyde con 4 cancións que formarían parte do seu segundo álbum publicado en abril dese mesmo ano, chamado The Strange Case Of....

Halestorm e coñecido por facer extensas xiras, e por todo o mundo. Desde o ano 2006, coincidiron con grandes bandas coma Seether, Papa Roach, Three Days Grace, Theory of a Deadman, Disturbed, Shinedown e Avenged Sevenfold.

O 10 de febreiro de 2013 reciben, na celebración da 55º edición dos Grammy, o premio a "Best Hard Rock/Metal Performance" (Mellor actuación de Hard Rock/Metal) pola canción "Love Bites (So Do I)". Arejay Hale recibe o 2 de maio de 2013 o premio a mellor batería nos Revolver Golden Gods, evento no que a banda tamén actuou.

Aparicións e colaboracións[editar | editar a fonte]

A banda tivo o privilexio de facer colaboracións coma a canción “Private Parts” con Michael James de Sixx:A.M., Lzzy cantou a canción Broken con Seether nalgúns concertos e colaborou máis dunha vez con Shinedown cantando algunhas cancións coma "Shed Some Light" ou "Breaking Inside". Durante o ano 2012, a banda coincidiu de xira con Evanescence, o cal deu a oportunidade para que Lzzy e Amy Lee cantaran xuntas nos escenarios a canción "Break in" do álbum The Strange Case Of.... O 5 de marzo de 2013 publícase a canción "Come Undone" da banda Adrenaline Mob, na que Lzzy colabora como cantante. Tamén o 29 de marzo de 2013 a banda Device fai pública a cancion "Close My Eyes Forever" na que colabora como cantante Lzzy, esta canción é unha cover da canción orixinal de Ozzy Osbourne. Outros artistas cos que tivo a oportunidade de cantar foron entre outros Slash, Sebastian Bach e Corey Taylor. Ademais nunha entrevista que Lzzy concedeu a Loudwire[2], esta confesou que lle gustaría facer un dueto con M. Shadows de Avenged Sevenfold.

Lzzy apareceu máis dunha vez na revista Revolver nas edicións de "Hottest Chicks in Metal and Hard Rock”. Esta destaca tamén polo seu uso de guitarras Gibson, razón pola cal a banda estivo presente na NAMM 2012[3] publicitando a marca. Lzzy xa ten o privilexio de contar co seu propio modelo Gibson Lzzy Hale Signature Explorer[4]. Ademais tamén tivo a honra de co-presentar a "black carpet" dos Revolver Golden Gods Awards 2012, celebrados na cidade de Los Angeles, onde tivo a oportunidade de entrevistar a moitos artistas que acudiron ao evento.

Na primeira metade do 2012 participan nunha campaña para promocionar a unha marca de tecnoloxías multimedia chamada “Tour Me On: The Road”, e publícanse vídeos[5] que amosan como é a vida da banda cando vai de xira. O 31 de outubro de 2012, a banda publica nunha canle de YouTube, como celebración do Samhain, a súa actuación nos Sear Sound Studios[6] en Nova York, e estas cancións gravadas son as que forman parte do seu EP Halestorm in the Live Room, en tendas desde o 6 de novembro de 2012.

En abril de 2013 reeditan o seu álbum The Strange Case Of... nunha versión deluxe para incluir unha nova versión da canción "Here's to us" na que colaboran Slash, Brent Smith de Shinedown, Myles Kennedy de Alter Bridge, Michael James de Sixx:A.M., David Draiman de Disturbed e Device, Tyler Connolly de Theory Of A Deadman e Maria Brink de In This Moment.

Membros[editar | editar a fonte]


Discografía[editar | editar a fonte]

EPs e grabacións promocionais[editar | editar a fonte]

Forecast for the future (1997)[7]

  1. "I Could Fly"
  2. "Will"
  3. "Light In The Dark"
  4. "Think Of These Things"
  5. "Reach Out"
  6. "Love Is Power"

Don't Mess With the Time Man (1998-2000 en Amazon.com)

  1. "Time Man" – 5:10
  2. "No Clue" – 4:27
  3. "Interesting" – 4:35
  4. "As the Eagle Flies" – 6:36
  5. "Wings" – 3:57
  6. "You and I Could Fly" – 5:07

Elizabeth Hale & Halestorm (2000 demo)

  1. "Shadows of My Heart"
  2. "Rose in December"
  3. "Shout it Out"
  4. "I Forgive You"

Breaking The Silence (2001)[8]

  1. "Shadows of My Heart" - 7:05
  2. "Unbreakable Promises" - 5:27
  3. "The Children" (full version) - 7:27
  4. "Rose in December" - 4:18
  5. "Shout It Out" - 6:37
  6. "I Forgive You" - 5:44
  7. "The Children" (radio version) - 5:43

Halestorm (2003 demo)

  1. "Not Enough" - 2:30
  2. "It's Not You" - 2:48
  3. "Pieces of Change" - 3:49
  4. "I Bleed" - 3:12
  5. "Pieces" - 3:01

ReAnimate: The Covers (22 de marzo de 2011)

  1. "Slave To The Grind" (Skid Row cover)
  2. "Bad Romance" (Lady Gaga cover)
  3. "Hunger Strike" (Temple of the Dog cover)
  4. "Out Ta Get Me" (Guns N' Roses cover)
  5. "All I Wanna Do Is Make Love To You" (Heart cover)
  6. "I Want You (She's So Heavy)" (The Beatles cover)

Hello: It's Mz Hyde (14 de marzo de 2012)

  1. "Love Bites (So Do I)" - 3:11
  2. "Rock Show" - 3:19
  3. "Daughter of Darkness" - 3:55
  4. "Here's to Us" - 2:59

En vivo[editar | editar a fonte]

One and Done ( 28 de abril de 2006)

Gravado o 13-14 de agosto de 2005 en Grape Street, Filadelfia (EUA).

  1. "It's Not You" (en vivo) – 3:43
  2. "The Hand" (en vivo) – 3:42
  3. "Show Me" (en vivo) – 4:12
  4. "Blue Eyes" (en vivo) – 4:18
  5. "Takes My Life" (en vivo) – 4:03

Live in Philly 2010 (16 de novembro de 2010)

Halestorm in the Live Room (6 de novembro de 2012)

  1. "Love Bites (So Do I)" - 3:19
  2. "Empire State of Mind" - 3:46
  3. "I Get Off" - 3:20
  4. "I Bet U Wish U Had Me Back" - 3:47
  5. "In Your Room" - 2:56
  6. "Here's to Us" - 3:11

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. CD con "method of seduction"[1]
  2. Entrevista a Lzzy Hale en Loudwire[2]
  3. Halestorm na NAMM 2012[3]
  4. Gibson Lzzy Hale Signature Explorer[4]
  5. Video JVC Tour Me ON: The Road con Halestorm[5]
  6. Actuación para The Live Room[6]
  7. Foto do casete "Forecast for the future"[7]
  8. Disco "Breaking The Silence"[8]