M. Shadows

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
M. Shadows
Avenged-Sevenfold-BergenCalling-2011-Christian Misje-5528.jpg
Nome completo Matthew Charles Sanders
Alias M. Shadows
Naceu 31 de xullo de 1981 (33 anos)
Orixe Huntington Beach, California Flag of the United States.svg
Ocupación (s) Músico
Xénero Hard Rock, Metal
Instrumento(s) voz, piano, guitarra
Selo(s) discográfico (s) Good Life Recordings, Hopeless, Warner Bros. Records
Relacionado con Avenged Sevenfold

Matthew Charles Sanders, tamén coñecido coma M. Shadows nos escenarios, é o fundador e cantante da banda de rock americana Avenged Sevenfold.

Biografía e vida persoal[editar | editar a fonte]

Matthew Charles Sanders naceu o 31 de xullo de 1981 en Huntington Beach (Estados Unidos), os seus pais son Gary e Kimberley Sanders, ademais ten unha irmá chamada Amy. Na súa xuventude destacou polo seu mal comportamento o cal provocou que o expulsasen de algunhas escolas. É un bo xogador de baloncesto, igual que a súa irmá Amy (a cal é xogadora profesional) e tamén xoga ó golf. É alérxico á herba, ó pelame e ó pó. Ten unha cadela chamada Bella. Gústalle xogar á Xbox, algúns dos xogos que lle gustan son : Mortal Kombat, The Legend of Zelda, Mario kart, Halo, Golden Eye 007, Bust a Move, Street Fighter 2, Double Dragon, Robot Unicorn e Call of Duty Modern Warfare 2. Tamén lle gustan os coches clásicos posúe un Chevelle Convertible de 1972, e tamén se lle viu conducindo un Chevrolet Yukon e un Dodge Charger en 2010.

En Outubro de 2009 casa con Valary DiBenedetto [1], irmá xemelga da esposa do seu amigo Synyster Gates, a cal coñecía desde que ían á escola e fora a manager da banda Avenged Sevenfold nos comezos, participaba economicamente e vocalmente nalgunha canción.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Nos seus comezos na música M. Shadows comezou tocando o piano, e o seu interese polo rock aumentou segundo creceu cos anos e comezou a tocala guitarra, escoitaba punk rock como H2O e The Misfits, mais o seu interese polo metal non nacerá ata que o pai lle regala o álbum Appetite For Destruction de Guns N' Roses. Cando estaba no instituto de Huntington Beach formou unha banda de punk chamada "Successful Failure", estando nesta banda compón a canción “Streets”, a cal forma parte do primeiro álbum de Avenged Sevenfold Sounding the Seventh Trumpet. En 1999 forma a banda de metal Avenged Sevenfold, xunto ós seus amigos de instituto Zacky Vengeance, Jimmy "The Rev" Sullivan, e Matt Wendt; e máis adiante uniríase Synyster Gates como amigo de The Rev.

O seu nome artístico foi inspirado porque era considerado o membro máis escuro do grupo de aí que escollese o nome de Shadows (sombras en galego) e o M. ven do seu nome Matthew.

Destaca coma as súas influencias Guns N' Roses, Iron Maiden, Metallica, Megadeth e Pantera[2]. En outubro é nomeado mellor vocalista nos 2011 Revolver Golden Gods[3].

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Estilo de voz[editar | editar a fonte]

Nos seus comezos a voz utilizada era a base de berros sen apenas utilizar unha voz clara e melódica,e con maior número de agudos. Co paso do tempo en cada álbum notouse un cambio progresivo ata unha voz máis melódica e sen case berros. Notándose o cambio máis importante co álbum City of Evil de 2005, cando meses antes da súa gravación estivo mellorando a súa técnica co adestrador Ron Anderson. Nun principio asociouse o cambio á operación, á que o cantante se tivera que someter antes do lanzamento de City of Evil, das cordas vocais, mais foi desmentido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vídeo con imaxes da boda[1]
  2. Entrevista MTV[2]
  3. Gañadores Revolver Golden Gods 2011[3]