Ozzy Osbourne
| Ozzy Osbourne | |
|---|---|
| Nome completo | John Michael Osbourne |
| Alias | |
| Naceu | 3 de decembro de 1948 (64 anos) |
| Orixe | Aston, Birmingham |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | voz, harmónica, sintetizador |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Black Sabbath, Kelly Osbourne, Black Label Society, Alice Cooper, Iommi, Rob Zombie, Slash, Firewind |
| Tempo en activo | 1968 - actualidade |
| Web | |
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, é un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se extende xa ao longo de 40 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Principe da escuridade". Osbourne é tamén coñecido comoo "Padriño do heavy metal".
A comezos dos anos 2000, a carreira de Osbourne expandíuse cando se converteu nunha estrela no seu propio reality show, The Osbournes, ao lado da súa muller/mánager Sharon e dous dos seus tres fillos, Kelly e Jack. Un documental sobre a súa vida e carreira, God Bless Ozzy Osbourne, estreouse en abril do ano 2011 no Tribeca Film Festival e publicouse en DVD no mes de novembro dese ano.