Slash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slash
Slash live in Rome by Paride.jpg
Slash en Roma no 2011.
Nome completo Saul Hudson
Naceu 23 de xullo de 1965 (49 anos)
Orixe Londres Inglaterra
Instrumento(s) guitarra
Relacionado con Guns N' Roses, Velvet Revolver

Saul Hudson, coñecido como Slash, nado o 23 de xullo de 1965 en Londres, (Inglaterra), foi un dos guitarristas máis importantes das décadas dos 80 e 90, destacando sobre todo a súa achega musical na banda rockeira Guns N' Roses ata mediados dos 90, cando debido a diferencias co líder, Axl Rose, decidiu marchar da banda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tamén formou parte do grupo Slash's Snakepit, co que gravou dous discos, e do grupo de versións de blues Slash's Blues Ball. Actualmente milita na banda de Hard Rock "Velvet Revolver" xunto cos seus compañeiros de Guns N' Roses: Duff McKagan e Matt Sorum, e o guitarrista Dave Kushner (ex membro de Suicidal Tendencies e Infectious Grooves).

Slash é coñecido pola súa longa e desordenada cabeleira, o seu chapeu de copa, a súa Gibson Les Paul, o seu amor polo Jack Daniels, o seu piercing nasal de aro e polo cigarro na súa boca.

Discografía[editar | editar a fonte]

En Madrid.

Guns N' Roses[editar | editar a fonte]

Título Data de lanzamento Compañía
Live ?!*@ Like a Suicide 1986 UZI Suicide
Appetite for Destruction 1987 Geffen
EP (Live from the Jungle) 1987 Geffen
G N' R Lies 1988 Geffen
Use Your Illusion I 1991 Geffen
Use Your Illusion II 1991 Geffen
The Spaghetti Incident? 1993 Geffen
Live Era: '87-'93 1999 Geffen
Greatest Hits 2004 Geffen

Slash's Snakepit[editar | editar a fonte]

Título Data de lanzamento Compañía
It's Five O'Clock Somewhere 1995 Geffen
Ain't Life Grand 2000 Koch Records

Velvet Revolver[editar | editar a fonte]

Título Data de lanzamento Compañía
Contraband 2004 RCA Records
Libertad 2007 RCA Records

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]