Disturbed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Disturbed logo 2000.png
Disturbed Dallas 2008.jpg
Orixe Chicago, Illinois, Flag of the United States.svg
Período 1996 - actualidade
Xénero(s) nu metal, metal alternativo
Selo(s) discográfico(s) Giants Records
Warner Bros. Records
Reprise Records
Membros David Draiman
Dan Donegan
John Moyer
Mike Wengren
Na rede
www.disturbed1.com

Disturbed é un grupo musical de nu metal, formado en 1996 en Chicago, Illinois. Vendeu máis de 10 millóns de copias no mundo enteiro.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo formouse cando David Draiman respondeu a un anuncio de procura dun cantante feito polos membros de grupo. Draiman, quen en pouco tempo transformaríase no líder do grupo, crecera nunha familia extremadamente relixiosa contra a que se rebelou na súa adolescencia, amosando no contido das letras das cancións a negación da benevolencia dun ser superior.

A banda gravou dous EPs nos seus primeiros anos, enviados a distintas discografías. Tiveron un éxito notable có seu single "Stupify" no ano 2000 e seguidamente có álbum The Sickness, produción que finalmente os lanzou ao éxito. Un ano máis tarde participaron no Ozzfest tour 2001, iniciando logo o "Music as a Weapon" Tour, por Estados Unidos e Europa.

En outubro do 2002, o seu segundo álbum Believe chegou ao número 1 das listas de éxitos estadounidenses, o que levou á banda a participar novamente no Ozzfest tour do 2003.

Fixeron unha xira con 10 Years e Ill Niño presentando o seu terceiro álbum Ten Thousand Fists, lanzado mundialmente o 20 de setembro de 2005. O álbum debutou no número 1 en Estados Unidos. Ademais de Ten Thousand Fists o grupo lanzou os sinxelos Hell e Monster. Electronic Arts utilizou a canción "Decadence" deste álbum para o seu videoxogo Need for Speed: Most Wanted.

Entre o 2005 e o 2006 o grupo aprazou dúas veces unha xira europea debido a problemas de voz de David Draiman. (Jägermeister tour en novembro do 2005 e "Music as a Weapon III" a comezos do 2006).

O seu single "Stricken" foi o tema central do evento de loita libre "WWE New Years Revolution" 2006. En 2008 saíu á venda o seu último álbum Indestructible, producido por eles mesmos.

Membros[editar | editar a fonte]

Antigos Membros[editar | editar a fonte]

  • Steve "Fuzz" Kmak - Baixo
  • Marty O'Brian - Baixo

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

  • Stupify - 2001 / Giant Records
  • Voices - 2001 / Giant Records
  • Down With The Sickness - 2001 / Giant Records
  • Prayer - 2002 / Reprise Records
  • Remember - 2002 / Reprise Records
  • Stricken - 2002 / Reprise Records
  • Land of Confusion - 2005
  • Inside the Fire - 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]