Avenged Sevenfold

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avenged Sevenfold - Logo.svg
Avenged Sevenfold.JPG
Orixe Huntington Beach, California, EE.UU., Flag of the United States.svg
Período 1999 - Actualidade
Xénero(s) Heavy Metal, Hard Rock, Metalcore
Selo(s) discográfico(s) Good Life, Hopeless, Warner Bros
Membros M. Shadows
Synyster Gates
Zacky Vengeance
Johnny Christ
Arin Ilejay
Antigos membros The Rev
Matt Wendt
Justin Sane
Dameon Ash
Web oficial avengedsevenfold.com

Avenged Sevenfold (en galego significa Vingado Sete Veces) é unha banda de Hard rock e Heavy metal de estados unidos, formada en Huntington Beach (California) en 1999. Os seus membros son  M. Shadows (voz), Zacky Vengeance (guitarra rítmica), Synyster Gates (guitarra principal), Johnny Christ (baixo). Ata o momento contan con 5 álbums de estudio Sounding the Seventh Trumpet en 2001, Waking the Fallen en 2003, City of Evil en 2005( co cal acadan xa maior recoñecemento ), Avenged Sevenfold en 2007, e o último publicado foi Nightmare en 2010. Ademais disto, tamen contan cun CD/DVD chamado Live in the LBC & Diamonds in the Rough lanzado en 2008, e co DVD All Excess publicado en xullo de 2007.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros anos(1999–2004)[editar | editar a fonte]

A banda formouse en 1999 sendo os seus primeiros membros: M. ShadowsZacky VengeanceThe Rev e Matt Wendt. O nome elexido para ela fai referencia ó relato bíblico de Caín e Abel, a pesar disto non se consideran unha banda relixiosa. O seu álbum debut Sounding the Seventh Trumpet foi gravado cando tiñan 18 anos, e foi publicado no 2001 coa compañía discográfica Good Life Records. Coa entrada de Synyster Gates como guitarrista principal do grupo, reedítase a canción "To End the Rapture", e o álbum volve ser publicado coa nova versión en 2002, pertencendo á compañía Hopeless Records. Trala chegada do cuarto e actual baxista Johnny Christ ó grupo, publican o álbum Waking the Fallen en agosto de 2003. Tocan no "Vans Warped Tour" durante dous anos consecutivos, e no 2004 gravan o video para a canción “Unholy Confessions”.

City of Evil (2005-2007)[editar | editar a fonte]

O pouco de publicar Waking the Fallen, a banda comeza a gravar o álbum City of Evil coa grande discográfica Warner Bros records. Con este conseguiron grandes ventas, e comeza unha nova etapa tamén no estilo musical, xa que deciden afastarse un pouco do estilo metalcore que os precedía. Nun principio asociábase o cambio musical aos danos nas cordas vocais que sufrira o vocalista M. Shadows e lle levaran ó quirofano, mais no DVD All Excess el mesmo aclara que non tivo que ver. Meses antes do lanzamento de City of Evil, M. Shadows estivo mellorando as súas cualidades vocais co entrenador Ron Anderson, coñecido por traballar anteriormente con artistas como Axl Rose,Kylie Minogue ou Chris Cornell. O primeiro single deste álbum foi “Bat Country”, o título desta canción proven do libro "Fear and Loathing in Las Vegas" do escritor  Hunter S. Thompson onde Raoul Duke di: “Non podemos parar aquí. Este é un pobo morcego”. Os seguintes singles foron "Beast and the Harlot"(o seu riff ocupa o 10º posto según a revista Total Guitar como mellor riff do século 21), "Seize the day" e tamén gravaron un video en vivo para a canción "Burn it down". Antes de sacar o seu seguinte álbum en xullo de 2007 sae o DVD All Excess que inclúe actuacións en vivo, videos musicais, imaxes do backstage e documental sobre as vivencias da banda desde os seus comezos en 1999.

Avenged Sevenfold e Diamonds in the Rough(2007-2008)[editar | editar a fonte]

O cuarto álbum da banda, chamado Avenged Sevenfold, saíu ó mercado en outubro de 2007. As cancións "Critical Acclaim" e "Almost Easy" foron publicadas antes que o álbum. En decembro de 2007 publicouse só en internet, debido á temática da canción, un video con animacións da canción “A Little Piece of Heaven”. En xaneiro de 2008, publicaron como novo sinxelo “Afterlife” (según a revista Total Guitar o seu riff e o 3º mellor do século 21), e uns meses despois “Dear God” como cuarto sinxelo.

No 2008, participaron na xira Taste of Caos xunto a outros grupos importantes como Atreyu, Bullet for my ValentineBlessthefallIdiot Pilot. Gravaron a súa última actuación en Long Beach (California, Estados Unidos) e incluírona no DVD Live in the LBC. Fixeron versións das cancións "Walk" de Pantera, "Flash of the Blade" de Iron Maiden (para o álbum tributo Maiden Heaven) e "Paranoid" de Black Sabbath (para o álbum Covered, a Revolution in Sound); das cales as dúas primeiras foron incluídas no CD/DVD Live in the LBC & Diamonds in the Rough; ademais o CD tamén inclúe cancións que non foran antes publicadas da banda.

En 2008 destacou a colaboración de M. Shadows e Synyster Gates coa banda Good Charlotte, para a canción "The River". Esta foi considerada polos lectores de Rolling Stone como a 7º mellor colaboración de tódolos tempos[1].

Nightmare e morte de The Rev (2009-2012)[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2009, M. Shadows confirma que xa están traballando no seu quinto álbum, e di que esta vez buscan un estilo máis clásico e progresivo con cancións longas. O 16 de abril de 2009 actúan no Nokia Theater de Los Angeles, xunto con Slash presentando unha versión da canción de Guns N' Roses "It's So Easy". Ese ano, a banda remata a súa xira o 2 de agosto no Festival Sonisphere en Knebworth(Reino Unido) e métense no estudio a traballar no seguinte álbum. En decembro de 2009, é considerada a segunda mellor banda da década en Ultimate Guitar, só superada por Metallica. O 28 de decembro de 2009 Jimmy "The Rev" Sullivan, é atopado morto na súa casa de Huntington Beach(EE.UU.) á idade de 28 anos. A policía informou que foi por causas naturais, as probas toxicolóxicas informaron de que sufriu unha intoxicación pola mistura de varios medicamentos. Combinou os efectos de Oxicodona, Oximorfona(estas dúas últimas para combatir a dor), diazepam (para a ansiedade) e etanol (adquírese por consumición de alcohol). Estes efectos foron intensificados pola cardiomegalia que sufría o batería, o que significa que tiña o corazón máis grande do normal. O pouco da súa morte a familia publica un comunicado para agradecer o apoio dos fans[2], e a banda publica tamén o seguinte comunicado[3]:

Con gran tristeza e pesar comunicamos hoxe o falecemento de Jimmy 'The Rev' Sullivan. Jimmy non só foi un dos mellores baterías do mundo, senón que aínda máis importante foi o noso mellor amigo e irmán. Os nosos pensamentos e oracións van cara a familia de Jimmy e esperamos que respetedes a súa privacidade durante este momento difícil.

“Jimmy estarás sempre nos nosos corazóns.”

Querémoste.
M Shadows, Synyster Gates, Zacky Vengeance e Johnny Christ

O 5 de xaneiro de 2010, celébrase un funeral privado e un día despois é enterrado nun cemiterio de Long Beach( EE.UU. ). O 17 de febreiro, Mike Portnoy ( membro de Dream Theater e ídolo de The Rev) comeza a gravar coa banda o novo disco Nightmare, sustituíndo a The Rev. Este álbum ten a intención de ser adicado a Jimmy, os sons da súa voz e batería gravados antes da súa morte, mantivéronse e foron publicados, o cal fai que se converta no último álbum que a banda publica con el. Antes da publicación do álbum M. Shadows y Synyster Gates adiantaban en Hard Drive Radio: «O novo álbum, "Nightmare," está dedicado a súa memoria e aínda que non é un álbum conceptual, está centrado en The Rev. O raro do álbum é que hai unha canción que se chama "Fiction" ( Ficción, nomeada así por The Rev ) que primeiro se chamaba "Death" (Morte). Esa canción foi a última que The Rev escribiu para o álbum, e cando a rematou dixo: xa está, esta é a última canción para o disco. Tres días despois, morreu. Os rapaces estiveron na cidade misturando o álbum e está case rematado con Andy Wallace.» O single Nightmare é publicado o 18 de maio de 2010. Finalmente 27 de xullo de 2010 o álbum Nightmare é publicado. En decembro de 2010, Mike Portnoy deixa o grupo , e en xaneiro de 2011 anuncian a Arin Ilejay[4]( da banda Confide ), como batería para a xira, mais aínda non se estableceu se será considerado un membro do grupo ou se a súa estadía será temporal. Synyster Gates respondeu o seguinte para a revista Guitar World en xullo de 2011, cando lle preguntaron sobre a posibilidade de que Arin Ilejay sexa un membro permanente: “É dificil de dicir. Mais podo dicir unha cousa, leva con nos medio ano, fixo 3 xiras con nós e cada vez vai a mellor. Queremos ao rapaz. É doce canto pode, humilde canto pode, talentoso canto pode. Está disfruntándoo e estámolo difrutando. Así que non hai plans ou ideas de que vaia haber mais cambios neste punto.” Do álbum Nightmare, a parte do single co mesmo nome, tamén se publicou video da canción "So Far Away". O video, ó igual que a canción, vai adicado a The Rev. "So Far Away" nun principio comezáraa a compoñer Synyster Gates adicándoa ao seu avó, mais trala morte de Jimmy trocouse o seu sentido. Outra canción que se mostrou do disco foi "Buried Alive". Ata o momento, a banda mantívose ocupada de xira e non hai indicios de que dirección tomara o novo álbum, unicamente que é moi posible que nunca máis se volvan a escoitar cancións estilo “A Little Piece of Heaven” ou "Fiction", xa que foron maiormente ideas de The Rev[5]. Unha das cancións publicadas tras Nightmare foi "Not Ready to Die". Esta saiu á venda o 2 de maio de 2011 e a banda a creou para o xogo  Call of Duty: Black Ops en apenas unha semana, o cal significa que só se fixo para que se axustase o estilo do xogo e non é unha pista do estilo musical que seguirá a banda.

A comezos do 2012, publícase o xogo Twited Metal, e a canción "Natural Born Killer" do álbum Nightmare é elexida para formar parte da banda sonora orixinal.

Na celebración dos Revolver Golden Gods Awards 2012, reciben os premios a "Best Live Band" (Mellor banda en vivo) e "Most dedicated fans" (Fans máis entregados)[6].

Despois do éxito de "Not Ready to Die", a banda repite creando a canción "Carry On" para un xogo, neste caso Call of Duty: Black Ops 2, esta é publicada o 25 de setembro de 2012.

Hail To The King (2012–Actualidade)[editar | editar a fonte]

A finais de 2012, a banda comeza a traballar no novo álbum con previsión de que este fose publicado no 2013. En xuño de 2013 a banda anuncia que este álbum levaría o nome de Hail to the King e sería publicado o 27 de agosto dese mesmo ano[7]. Este sería o primeiro álbum sen o seu membro The Rev e o primeiro co novo membro da banda Arin Ilejay, comezando unha nova etapa caracterizada por un estilo rock/metal clásico que recorda bandas Black Sabbath ou Led Zeppelin[8] que influenciaron aos membros da banda desde os seus comezos no mundo da música. O 15 de xullo de 2013 publican o primeiro single de mesmo nome co álbum "Hail To The King".

Membros[editar | editar a fonte]

Membros Actuais[editar | editar a fonte]

Antigos Membros[editar | editar a fonte]

  • The Rev – batería, piano, coros (1999–2009)
  • Matt Wendt – baixo (1999–2000)
  • Justin Sane – baixo (2000–2002)
  • Dameon Ash – baixo (2002–2003)

Membros de xira e estudio[editar | editar a fonte]


Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Extras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enquisa Rolling Stone mellores colaboracións[1]
  2. Comunicado familia Sullivan[2]
  3. Comunicado morte The Rev[3]
  4. Batería Arin Ilejay[4]
  5. Entrevista Guitar World[5]
  6. Gañadores Revolver Golden Gods 2012[6]
  7. Anuncio Hail to the King REVOLVER Magazine[7]
  8. Entrevista Metal Hammer[8]