The Strange Case Of...

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Strange Case Of...
Álbum de Halestorm
Duración40:53
Xénero(s)hard rock, metal
Selo(s)Atlantic Records
Producido porHoward Benson
Cronoloxía
Halestorm (2009) The Strange Case Of...

The Strange Case Of... é o segundo álbum de estudio da banda americana Halestorm, o cal foi publicado o 10 de abril de 2012. Este contén as cancións que formaban parte do EP Hello: It's Mz Hyde, que xa fora publicado en xaneiro de 2012[1] e contaron co mesmo produtor do seu primeiro álbum, Howard Benson. O primeiro single Love Bites (So Do I), alcanzou moi rápido os primeiros postos das listas Billboard, destacando que se converte na primeira banda liderada por unha muller en alcanzar o primeiro posto na lista Active Rock da radio nos Estados Unidos de América[2].

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. Love Bites (So Do I) – 3:11
  2. Mz. Hyde – 3:22
  3. I Miss The Misery – 3:03
  4. Freak Like Me – 3:38
  5. Beautiful With You – 3:16
  6. In Your Room – 2:46
  7. Break In – 4:45
  8. Rock Show – 3:19
  9. Daughters Of Darkness – 3:55
  10. You Call Me A Bitch Like It's A Bad Thing – 3:11
  11. American Boys – 3:28
  12. Here's to Us – 2:59

Cancións extras[editar | editar a fonte]

A edición Deluxe do álbum, contén a maiores as seguintes cancións:

  1. Don't Know How to Stop – 3:54
  2. Private Parts (con James Michael de Sixx:A.M.) - 3:59
  3. Hate It When You See Me Cry – 3:11
  4. Here's to us [Guest Version] - 3:15

Singles e videografía[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2012 presentan este segundo álbum cun vídeo para o que é o primeiro single, Love Bites (So Do I). Nese mesmo mes, Here's to Us convértese no segundo single, e dáse a coñecer mediante a serie televisiva da FOX “Glee”, poidéndose escoitar no episodio 14 da terceira temporada[3]. En maio de 2012, publican un vídeo para a canción Freak Like Me con imaxes en vivo, coa intención de promocionar a xira que realizaran no verán dese mesmo ano. O 20 de xuño de 2012 dáse a coñecer o vídeo do que sería o novo single I Miss The Missery. O 9 de xullo do mesmo ano publican un vídeo, coa intención de promocionar a xira europea, que conta coa canción Rock Show. O 11 de febreiro de 2013 publican outro vídeo para a canción Freak Like Me, como agradecemento a todos os seus fans que asistiron aos seus concertos [4]

Créditos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]