Haplorrhini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Haplorrhini
Rango fósil: Eoceno cedo - Recente
Totenkopfaeffchen.jpg
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Pocock, 1918
Infraorde

Os haplorrinos (Haplorrhini, do grego haplos, "simple", e rhinos, "nariz"), son un amplo suborde de primates entre os que se inclúe o humano. Chámanse así porque carecen dunha membrana ao redor das narinas (rinario) e de vibrisas no fociño, ao contrario que os primates estrepsirinos (Strepsirrhini) como os lémures. Estas dúas características aparecen tamén en moitos outros mamíferos: ratas, cans, etc. O rinario adoita estar dividido verticalmente en dúas seccións e hai autores que consideran o suco de debaixo do nariz en Haplorrhini, vestixio desta segmentación.

Todos os haplorinos posúen un útero de cámara única, fóra diso os tarsios, que posúen útero bicorne como os estrepsirinos. Adoitan parir unha única cativa e o tempo que pasan con ela é máis longo que o dos Strepsirrhini. O corpo ademais tende a ser máis grande que nos Strepsirrhini e posúen un diámetro cerebral maior e unha visión máis desenvolvida, distinguindo cores e chegando a ser case todos diúrnos.

Clasificación y evolución[editar | editar a fonte]