Hominoidea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antropomorfos»)
Hominoidea
Rango fósil: Do Oligoceno tardío ao presente

Xibón (Hylobates lar)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Parvorde: Catarrhini
Superfamilia: Hominoidea
Gray, 1825
Familias

Proconsulidae
Afropithecidae
Hylobatidae
Hominidae

Os hominoideos son mamíferos da superfamilia Hominoidea, historicamente definidos como 'simios antropomorfos do Vello Mundo'. Os hominoideos son nativos de África e do sueste asiático. Son os primates máis grandes e, en concreto, o orangután é o actual animal arbóreo máis grande de todos. Ocupan polo habitual espazos forestais, aínda que os chimpancés chegan a ocupar sabanas e os extintos autralopitecinos eran de por si residentes habituais neses espazos. Así mesmo os humanos ocupan espazos terrestres.

Hominoidea abrangue a dúas familias de especies de:

  • Hylobatidae, que se compón de catro xéneros de dezaseis especies de xibóns. Adoitan chamarse simios menores.
  • Hominidae, que se compón de orangutáns, chimpancés, bonobos e homes[1][2]. Algúns dos hominoides ténselle chamado simios, tanto para sinónimo de mono como para os primates parecidos a humanos e sen rabo. O termo simio ten sido usado en publicacións científicas para os membros da familia Hominoidea que non foran humanos. Actualmente simio emprégase como sinónimo de "hominoideo".

Agás os gorilas e humanos, os hominoideos son áxiles trepadores de árbores. A súa dieta é esencialmente vexetariana ou omnívora, baseándose en follas, froitos secos, sementes e froitas así como sementes herbáceas e fundamentalmente outros animais, tanto recolleitos ou cazados (mesmo criados no caso dos humanos), complementados con alimentos facilmente dixeribles.

A meirande parte dos hominoideos, agás humanos, son especies endémicas ou en perigo de extinción. O risco principal detrás diso é a perda de hábitat tropical.

Taxonomía e historia evolutiva[editar | editar a fonte]

Esqueletos dos membros dos grandes simios

A clasificación taxonómica dos hominoideos tense cambiado varias veces. As análises xenéticas teñen mostrado que os hominoideos diverxeron dos monos do Vello Mundo hai entre 29 e 34.5 millóns de anos.[3] Os xibóns diverxeron do resto hai sobre 18 millóns de anos atrás e os homínidos (Pongo) hai 14 millóns de anos, 7 no caso dos Gorilla e entre 3 e 5 millóns de anos Homo e Pan.

As familias e xéneros existentes actualmente dos hominoides son:

  • Superfamiia Hominoidea[1]
    • Familia Hylobatidae: xibóns ("simios pequenos")
      • Xénero Hylobates
        • Hylobates lar
        • Hylobates albibaris
        • Hylobates agilis
        • Hylobates nuelleri
        • Hylobates moloch
        • Hylobates pileatus
        • Hylobates klossii
      • Xénero Hoolock
        • Hoolock hoolock
        • Hoolock leuconedys
      • Xénero Symphalangus
        • Symphalangus syndactylus
      • Xénero Nomascus
        • N. concolor
        • N. nasutus
        • N. hainanus
        • N. siki
        • N. leucogenys
        • N. gabriellae
    • Familia Hominidae: hominidos ("grandes simios")
      • Xénero Pongo: orangutáns
        • P. pygmaeus
        • P. abelii
        • P. tapanuliensis
      • Genus Gorilla: gorillas
        • G. gorilla
        • G. beringei
      • Xénero Homo: humans
      • Xénero Pan (xénero): chimpancés
        • P. troglodytes
        • P. paniscus

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Groves, Colin (2005). Wilson, D. E.; Reeder, D. M. eds. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  2. M. Goodman, D. A. Tagle, D. H. Fitch, W. Bailey, J. Czelusniak, B. F. Koop, P. Benson, J. L. Slightom (1990). "Primate evolution at the DNA level and a classification of hominoids". Journal of Molecular Evolution 30 (3): 260–266. PMID 2109087. doi:10.1007/BF02099995. 
  3. "Apes, Monkeys Split Earlier Than Fossils Had Indicated/". redOrbit.com. 8 xaneiro 2005. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 10 setembro 2013.