Glicosa 6-fosfato
| Glicosa 6-fosfato | |
|---|---|
Estrutura químia da glicosa 6-fosfato |
|
| Nome IUPAC | Ácido (3,4,5,6- tetrahidroxi tetrahidropirano-2-il) metoxifosfónico |
| Outros nombres | 6-O-fosfono-D-glicopiranosa D-glicopiranosa 6-fosfato[1] Éster de Robison |
| Fórmula empírica | C6H13O9P |
| Masa molecular | 260.136 g/mol |
| Estado físico/Cor | |
| Número CAS | 56-73-5 |
| Propiedades | |
| Densidade | |
| Punto de fusión | |
| Punto de ebulición | |
| Solubilidade en auga | |
A glicosa 6-fosfato [2] (tamén escrita glicosa-6-fosfato [3]) é unha molécula de glicosa fosforilada no carbono 6[4]. É un composto moi común nas células, xa que a gran maioría da glicosa que entra na célula termina sendo fosforilada e convertida en glucosa 6-fosfato; unha vez fosforilada a carga negativa que ten o fosfato a pH celular impídelle saír da célula, porque non pode atravesar a membrana celular. Intervén en diversas rutas metabólicas entre as que podemos salientar as seguintes:
Ademais, a glicosa 6-fosfato pode ser convertida en glicóxeno (almacén enerxético depositado no fígado ou no músculo en animais) ou en amidón (en plantas).
Índice |
Historia [editar]
O británico Robert Robison, que traballaba no Instituto Lister de Medicina Preventiva de Londres desde 1913, illou por primeira vez, traballando con produtos da fermentación alcohólica, a glicosa 6-fosfato, que foi coñecida no seu honor como éster de Robison.[5]
Produción de glicosa 6-fosfato [editar]
Pode obterse glicosa 6-fosfato a partir da glicosa que entra na célula, ou a partir da glicosa 1-fosfato procedente da degradación do glicóxeno.
No interior da célula, a glicosa 6-fosfato é producida pola fosforilación da glicosa no seu carbono 6. Esta reacción é catalizada polo encima hexoquinase na maioría das células, e nos animais superiores, tamén pola glicoquinase, en determinadas células como os hepatocitos do fígado. Esta reacción consome una molécula de ATP.
A glicosa 6-fosfato tamén pode producirse durante a glicoxenólise (degradación do glicóxeno), a partir da glicosa 1-fosfato, o primeiro produto xerado na degradación do glicóxeno. A transformación entre ambas catalízaa a fosfoglicomutase.
Glicólise e gliconeoxénese [editar]
Cando a célula precisa enerxía ou compostos carbonados para procesos de síntesis (anabolismo), a glicosa 6-fosfato entrará na ruta da glicólise. Nesta ruta a glicosa-6-fosfato será isomerizada a frutosa 6-fosfato [6] por medio do encima glicosa 6-fosfato isomerase. A reacción é reversible e implica o desprazamento do osíxeno do carbonilo desde o carbono 1 ao carbono 2.
A glicosa 6-fosfato que entra na ruta glicolítica acaba sendo respirada para producir enerxía nas mitocondrias, ou proporciona os esqueletos carbonados necesarios para a síntese de lípidos (a partir do acetil-CoA xerado polo piruvato, produto final da glicólise).
Na gliconeoxénese a reacción que daba frutosa 6-fosfato transcorre en sentido inverso, grazas á súa reversibilidade.
Ruta da pentosa fosfato [editar]
Cando hai pouco NADPH na célula ou cando se necesitan precursores para a síntese de nucleótidos ou de proteínas, a glicosa 6-fosfato entra na ruta da pentosa fosfato. Nesta ruta, a glicosa 6-fosfato será deshidroxenada pola acción do encima glicosa 6-fosfato deshidroxenase, dando lugar a 6-fosfogliconolactona e formándose NADPH.
Formación de glicóxeno [editar]
Se os niveis de glicosa en sangue son elevados, o organismo activará os mecanismos necesarios para almacenar e retirar da circulación sanguínea ese exceso de glicosa. Tras ser convertida en glicosa-6-fosfato, a glicosa 6-fosfato isomerase vaina converter no seu isómero glicosa 1-fosfato, o cal pode combinarse con UTP para formar UDP-glicosa. A UDP-glicosa é a forma activa necesaria para poder incorporar un residuo adicional de glicosa ao extremo non redutor dunha cadea de glicóxeno, nunha reacción catalizada pola glicóxeno sintase [7].
A glicosa 6-fosfato é un activador alostérico da glicóxeno sintase, polo que, cando os niveis de glicosa en sangue son altos, vaise formar moita glicosa 6-fosfato, que activará o encima para almacenarse como glicóxeno. O encima é inhibido polas hormonas glicagón e adrenalina.
Cando se necesita glicosa actívase a degradación do glicóxeno, na cal actúa a glicóxeno fosforilase, que libera residuos de glcosa do glicóxeno en forma de glicosa 1-fosfato, que despois se converterá en glicosa 6-fosfato e esta despois en glicosa.
Formación de glicosa libre sanguínea [editar]
Os hepatocitos expresan o encima glicosa-6-fosfatasa, que elimina o grupo fosfato da glicosa 6-fosfato. Esta glicosa libre pasa á corrente sanguínea onde poderá ser utilizada por outras células do organismo.
Síntese de glícidos nas plantas [editar]
Nas plantas a glicosa 6-fosfato orixinada na fotosíntese é o precursor do amidón, celulosa e sacarosa. A conversión da glicosa 6-fosfato en glicosa 1-fosfato é o primeiro paso para a síntese de amidón e celulosa. Para a síntese de sacarosa, a glicosa 6-fosfato convértese primeiro en glicosa 1-fosfato e frutosa 6-fosfato.
Notas [editar]
- ↑ CHEBI D-glycopiranose 6-phosphate
- ↑ ChemSpider Glucose 6-phosphate
- ↑ MeSH Glucose-6-phosphate
- ↑ PubChem compound [1]
- ↑ Merrian Webster Robison ester
- ↑ A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 404-405. ISBN: 84-282-0738-0
- ↑ Berg Jeremy M., Tymoczko, Stryer (2002). Biochemistry (5th ed.). W.H. Freeman and Company - New York. ISBN 0-7167-3051-0. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?call=bv.View..ShowTOC&rid=stryer.TOC&depth=10. [2]