Ganso paporrubio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ganso paporrubio
Red-breasted goose arp.jpg
Estado de conservación
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anserinae
Tribo: Anserini
Xénero: 'Branta'
Especie: ''B. ruficollis''
Nome binomial
''Branta ruficollis''
(Pallas, 1769)
Sinonimia

Rufibrenta ruficollis

O ganso paporrubio (Branta ruficollis) é un ganso do grupo dos gansos mariños (xénero Branta).

Descrición[editar | editar a fonte]

A plumaxe do ganso paporrubio é negra con liñas de contorno brancas. Como indica o seu nome teñen o peito, parte do colo e as meixelas vermellos. A zona vermella está rodeada por liñas brancas que a separan da parte negra. Teñen o bico curto e o colo relativamente longo. O aspecto dos dous sexos é semellante. Miden uns 55 cm de lonxitude e pesan entre quilo e quilo e medio.

Cambian as plumas na época reprodutora, remudándoas todas a un tempo, o que os fai incapaces de voar durante unhas tres semanas, período no que son especialmente vulnerables.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Está baseada esencialmente en herbas, aínda que o uso de sementes como alimento está a medrar. Os polos apañan tamén insectos.

Distribución[editar | editar a fonte]

Rufibrenta ruficollis Rothalsgans 4.jpg

Son aves migratorias que crían en zonas árticas de Europa e o oeste de Siberia, desprazándose no inverno cara ó sur, Asia central, en especial ó Kazakhstan, o sur de Iraq e o sueste de Europa, sobre todo na costa do mar Negro. Algúns exemplares poden aparecer tamén no oeste do continente europeo.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Forman parellas estables para toda a vida. A época de cría comeza na segunda metade de xuño. A miúdo fan os seus niños preto do dos falcóns, táctica que lles permitiría, segundo os ornitólogos, por un lado protexer os polos das mesmas aves de presa, que non cazan preto do seu propio niño, e por outro evita-la presenza doutros posibles predadores, coma o raposo polar, que son rexeitados contundentemente polas aves de rapina. Isto explicaría ademais o feito de que fagan coincidi-la súa época de cría (serodia para un ganso) coa dos falcóns.

Constrúen o niño, en xeral, en sitios retirados sobre zonas de pedras. A femia fai un furado que cobre con herbas, brión e liques e amolece con plumiñas especiais moi dondas, onde pon 4 ou 5 ovos, de cor gris clara. Os ovos son chocados pola femia, que nesa época non deixa o niño máis que en períodos curtos para alimentarse. O macho non participa na incubación, coma en tódalas especies de gansos, pero vixía o niño fronte os intrusos. Os polos tardan 25 días en rompe-la casca e deixan o niño moi axiña para alimentarse por eles mesmos.

Situación das poboacións[editar | editar a fonte]

O uso masivo do DDT nos anos 1950-1960, a redución das poboacións de aves de presa no Ártico (que serven de protección ás niñadas do ganso paporrubio) e a caza masiva provocaron a redución drástica das poboacións destas aves. O seu número foi calculado pola IUCN nuns 40.000 exemplares. A caza ilegal nas súas áreas de cría e a destrución do seu hábitat fan que sexa unha especie ameazada de extinción, malia o acordo de protección das especies de Washington e os acordos de protección das aves da Unión Europea. No ano 2007 a asociación BirdLife International clasificouna como especie en perigo.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ganso paporrubio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bergmann, Hans-Heiner, Helmut Kruckenberg & Volkhard Wille (2006): Wilde Gänse - Reisende zwischen Wildnis und Weideland, G. Braun Verlag, Karlsruhe
  • Madsen, J., G. Cracknell & Tony Fox (1999): Goose Populations of the Western Palearctic, Wetlands International, Wageningen.
  • Erich Rutschke: Wildgänse, Lebensweise - Schutz - Nutzung, Berlin: Parey, 1997

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • BirdLife Species factsheet 22 maio 2007. Expón as razóns polas que se considera unha especie ameazada.[[en:Red-breasted Goose]+