Branta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Branta
Branta canadensis
Branta canadensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anserinae
Xénero: Branta
Scopoli, 1769
Especies
  • Véxase texto
Sinonimia

Branta é un xénero de aves anseriformes da familia dos anátidos e subfamilia dos anserinos.

O hábitat propio destas aves corresponde principalmente ás costas marítimas do Hemisferio Norte, en latitudes polares e subpolares, sendo en Europa os seus límites máis meridionais as costas de Bélxica e Inglaterra, aínda que nalgúns invernos crus algunhas especies poden chegar como divagantes até a península Ibérica (incluíndo Galicia).[Cómpre referencia]

Branta canadensis tamén aniña nas beiras dos grandes lagos.

A súa morfoloxía é semellante á dos patos e, en particular, á dos gansos, cos que comparten subfamilia. Así mesmo, son especies nidífugas; isto é, os pitos apenas nacen saen do niño, tendo os neonatos de Branta leucopsis, a dicir de moitos, o récord animal en salto de altura desde o niño.[Cómpre referencia]

Un destes gansos case acabado de nacer, cuxo niño adoita estar nunha fenda dun cantil ao abeiro do vento, lánzase case verticalmente uns 25 m cara á unha praia de duros croios en busca de comida.[Cómpre referencia]

O xénero foi descrito por primeira vez en 1769 polo médico, entomólogo e naturalista de cultura italiana nacido nunha rexión do Tirol de fala italiana, baixo o dominio daquela do Imperio Austríaco, Giovanni Antonio Scopoli (1723-1788).

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero Branta inclúe seis especies:[1]

Crenzas[editar | editar a fonte]

Até ben entrada a Idade Moderna estes gansos (e outras aves de corpo semellante, como os patos) eran de consumo permitido durante a coresma, xa que se os consideraba "crustáceos desenvolvidos" e mesno "peixes". O argumento para tan curiosa taxonomía obedecía a que certos moluscos (así se consideraban daquela), en especial os percebes, teñen uns órganos semellantes a plumas, e a tradición popular supoñía que estas aves eran individuos adultos de percebes.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Branta
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Branta

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carboneras, Carles (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew e Sargatal, Jordi (eds.) Handbook of Birds of the World. Volume 1: Ostrich to Ducks, pp. 536–629. Barcelona (España): Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Branta en Fauna Europaea.
  • Branta en Animal Diversity Web.
  • Branta en NCBI.
  • Branta en Catalogue of Life: 2011. Annual Checklist.