Saltar ao contido

Friedrich Bessel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFriedrich Bessel

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalFriedrich Wilhelm Bessel
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1784 Editar o valor en Wikidata
Minden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte17 de marzo de 1846 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Königsberg, Prusia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteFibrose retroperitoneal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério dos Professores (pt) Traducir, destruida 54°42′54″N 20°29′35″L / 54.714926, 20.493144 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaReino de Prusia Editar o valor en Wikidata
Director de teseCarl Friedrich Gauss Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, astronomía, xeodesia e física Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, agrimensor, profesor universitario, matemático, físico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKoenigsberg Observatory (en) Traducir, director
Universidade de Königsberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosFriedrich Wilhelm Argelander Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoHeinrich Scherk (pt) Traducir, Carl August von Steinheil, Eduard Luther (pt) Traducir e Friedrich Wilhelm Argelander Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJohanna Bessel Editar o valor en Wikidata
ParentesKarl Gottfried Hagen, sogro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бессель Фридрих Вильгельм)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Bessel-60

Friedrich Wilhelm Bessel, nado en Minden (Westfalia) o 22 de xullo de 1784 e finado de cancro en Königsberg (actual Kaliningrado) o 17 de marzo de 1846, foi un matemático alemán, astrónomo e sistematizador das funcións de Bessel (as cales, a pesar de levar o seu nome, foron descubertas por Daniel Bernoulli).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Tabulae Regiomontanae reductionum observationum astronomicarum ab anno 1750 usque ad annum 1850 computatae, 1830

Foi un contemporáneo de Carl Gauss, que tamén era matemático e astrónomo. Era fillo dunha criada e aos 14 anos pasou a ser aprendiz nunha compañía mercantil de importacións e exportacións de Bremen. Xa de pequeno converteuse no seu contable e a confianza no seu traballo levouno a cambiar as súas habilidades matemáticas a problemas de navegación; isto levouno a fixar o seu interese na astronomía como unha saída para determinar a lonxitude.

O seu traballo tan concienciudo chamou a atención dunha das maiores figuras da astronomía alemá, Heinrich Wilhelm Olbers, por precisar nos cálculos da órbita do Cometa Halley. Grazas ao seu apoio puido atopar traballo nun observatorio privado instalado preto de Bremen, onde comezou a traballar con total dedicación.

A suxestión de Olbers, analizou e clasificou as observacións e medicións estelares de posición efectuadas anteriormente por James Bradley, dunhas 3.000 estrelas; nesta tarefa demostrou un celo e precisión tal que o káiser Guillerme II de Prusia o nomeou director do Observatorio de Königsberg, onde pasou o resto da súa vida pese á súa constante queixa do clima local.

Despois de efectuar delicadas medicións de certas constantes fundamentais (aberración e refracción atmosférica), que refinou e tabulou, recibiu en 1811 un premio do Instituto de Francia polas súas novas táboas de correccións, que publicou nos seu Fundamentos de Astronomía (1818).

Buscando mellorar a precisión dos seus instrumentos substituíu o vello tránsito meridiano (construído por Dollond) e o círculo de Cary por un novo círculo meridiano construído por Reichenbach-Ertel; en 1841 instalou un círculo de Repsold. Nestas datas o seu Tabulae Regiomontanae (Táboas de Königsberg) estaban en uso xa en case todos os observatorios do mundo, pola súa extensión e exactitude.

Coñecendo a elevada precisión dos seus instrumentos tentou determinar a paralaxe das estrelas máis próximas, traballando cun heliómetro construído por Joseph von Fraunhofer: elixiu para iso a denominada 61 Cygni que, en base ao seu movemento propio (5,2" ao ano), debería ser unha das máis próximas ao noso planeta; ao cabo de 18 meses de observacións (finais de 1838) comprobou que a paralaxe era igual a 0,314" ± 0,020": a estrela distaba máis de 657.000 veces a distancia Terra-Sol. Só máis tarde mediríanse as paralaxes de Vega e Alpha Centauri, resultando esta última a máis próxima á Terra: 0,77" e 4,3 anos luz de distancia.

En 1844, analizando as posicións micrométricas de dúas estrelas fundamentais do catálogo do astrónomo inglés Nevil Maskelyne (Sirio e Proción), comprobou que o seu movemento aparente polo ceo era errático, coma se estivesen afectados por outro corpo moi próximo pero invisible. Utilizando as súas propias observacións deduciu a órbita do compañeiro de Sirio, a estrela anana branca Sirio B (tamén coñecida como o Cachorro) que non sería descuberta ata o ano 1862 por Alvan Graham Clark. A compañeira de Proción sería descuberta en 1895.

Despois de moitos anos de traballo e dedicación publicou un catálogo coas posicións precisas dunhas 75.000 estrelas do hemisferio norte.