Rat Pack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bogart, un dos integrantes do Rat Pack.

Rat Pack foi o nome co que se coñeceu un grupo de artistas estadounidenses que, reunidos ao redor primeiro de Humphrey Bogart e máis tarde de Frank Sinatra, prolongaron as súas actividades privadas como amigos á realización de determinadas actividades artísticas, tales como películas, concertos, espectáculos etc. Activo entre mediados da década de 1950 e mediados da de 1960, os seus membros máis coñecidos foron, á parte de Sinatra, Dean Martin, Sammy Davis Jr., Peter Lawford e Joey Bishop, como núcleo principal. Ademais, formaron parte ocasional do mesmo artistas como Shirley Maclaine, Lauren Bacall, Angie Dickinson, Marilyn Monroe e Judy Garland.

Filmografía conxunta [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]