Ava Gardner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ava Gardner
Barefoot contessa Ava Gardner.jpg
Profesión: actriz de cinema
País: Flag of the United States.svg Estados Unidos
Nado en: 24 de decembro de 1922
Lugar de nacemento: Brodgen, Carolina do Norte, EUA
Faleceu en: 25 de xaneiro de 1990
Lugar: Londres Inglaterra


Ava Gardner, nada en Brogen (North Carolina) o 24 de decembro de 1922 e finada en Londres o 25 de xaneiro de 1990, foi unha actriz de cinema estadounidense, considerada polo American Film Institute como unha das mellores actrices de todos os tempos.

Índice

Primeiros anos [editar]

Era a máis nova de 7 irmáns, filla de produtores de tabaco e algodón empobrecidos. Cando tiña 13 anos de idade, mudouse coa familia para Newport News, en Virxinia. O seu pai morreu de bronquite en 1935.

En 1941, cando visitaba á súa irmá Beatrice en Nova York, o esposo de Beatrice, fotógrafo profesional, pediulle para tirar unha foto súa. O resultado agradoulle de tal xeito que el decidiu expor a imaxe na entrada de seu estudio, na Quinta Avenida.

Primeiros traballos [editar]

A foto de Ava foi vista por Barnard "Barney" Duhan, que traballaba para a rede de teatros Loews Theaters e tamén actuaba como cazador de talentos para a produtora de cine MGM. Ava foi solicitada polos produtores da MGM, e traballou como figurante nos filmes Shadow of the Thin Man, H.M. Pulham, Esq. e Babes on Broadway xa en 1941.

Nominación ó Óscar [editar]

Polo seu traballo en Mogambo (1953) recibiu unha nominación ó Óscar como mellor actriz, pero perdeu neste ano ante Audrey Hepburn co Roman Holiday. O filme The Night of the Iguana (1964) é considerado o seu mellor traballo como actriz, pero non recibiu a nominación por este.

Outros traballos inclúen The Hucksters (1947), Showboat (1951), The Snows of Kilimanjaro (1952), e The Barefoot Contessa (1954). Tamén é lembrada por 55 días en Pequín (1963).

Filmografía [editar]

Pequenas aparicións [editar]

  • Fancy Answers (1941)
  • We Do It Because (1942)
  • Mighty Lak a Goat (1942)
  • Some of the Best (1949)
  • On the Trail of the Iguana (1964)
  • Vienna: The Years Remembered (1968)

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: