Francisco Xabier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Francisco de Xabier S.I.
Franciscus de Xabier.jpg
Biografía
Nacemento 7 de abril de 1506 en Xabier, Reino de Navarra
Proceso de canonización
Veneración
As viaxes de Francisco Xabier

Francisco Xabier, nado o 7 de abril de 1506 e falecido o 3 de decembro de 1552, é un santo navarro, patrón de Navarra, das misións, da India e dos navegantes. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Nado no castelo de Xabier o 7 de abril de 1506 no, daquela independente, Reino de Navarra, pertencía a unha familia de liñaxe, perdedora e represaliada na guerra de anexión á coroa española. Foi estudar a París. Alí coñeceu a Ignacio de Loiola quen activou nel un proceso de conversión. Francisco Xabier desprezou o que fora o seu afán de prestixio académico e prosperidade e realizou con outros cinco compañeiros os chamados votos de Montmatre de pobreza, castidade e obediencia ao Papa. Axudou a Ignacio de Loiola a redactar a primeira constitución da Compañía de Xesús.

Viaxes[editar | editar a fonte]

Marchou á India, chagando tras un duro viaxe de trece meses a Goa. No accidentado periplo apaciguou liortas e coidou dos enfermos, pois se desencadeara unha epidemia de escorbuto que fixo do seu camarote unha enfermería.

Asemade chegou a Goa, comezou a predicar o evanxeo entre os pescadores de perlas pobres. Adicábase a atender enfermos, leprosos, escravos, presos e moribundos e, a finais de 1544, bautizou a uns dez mil pescadores. Converteu á tribo dos Paravas, pero fracasou coa casta superior dos brahamanes. Describía o sufrimento dos nativos a mans dos portugueses como unha espiña que levo constantemente no corazón. Ao rei de Portugal escribiulle que moitos conversos ían volver ao paganismo escandalizados e desalentados polas inxustizas e vexacións que impoñen os oficiais da Vosa Maxestade. Noutra carta, falando dos abusos dos europeos dicía: estou aterrado ante o número de inflexións novas que se dan aquí ao verbo roubar. Tiña unha especial atención polos nenos e para eles adaptaba as verdades do cristianismo á música popular.

En 1544 marchou para Madrás e as Molucas onde fundou misións. En 1549 sucou o Pacífico ata o daquela misteriosoXapón onde conseguiu uns froitos discretos. Varios samurais convertéronse ao cristianismo o que provocou duras reaccións dos potentados nipóns. En 1551 volveu á India e, un ano despois, saíu para China, onde xa fixera escala en anteriores viaxes. Enfermo durante o traxecto, na súa agonía pronunciaba verbas indescifrables para os acompañantes, probablemente no seu euskera natal. Finalmente faleceu o 3 de decembro de 1552 na illa de Shang Chuang aos 46 anos de idade. O seu cadáver foi sepultado na igrexa do Bom Xesús, lugar aínda hoxe de peregrinación.

O home[editar | editar a fonte]

Francisco Xabier estudaba as linguas locais dos pobos evanxelizados, aprendía os seus costumes e relixión. Denunciou repetidamente os abusos dos colonizadores portugueses e despregou unha infatigable laboura a prol dos desfavorecidos. Cos colonos afastados da moral sexual cristiá amosou tacto e comprensión. As cartas sobre as súas actividades distribuíanse por Europa, o que incentivou un espírito misioneiro mesturado de aventura e exotismo, de entusiasmo e misticismo. Nelas revela un carácter sacrificado, hiperactivo, observador, preocupado pero fondamente feliz. Deixou ao redor de 1500 escritos. Documentos valiosos para entender a Cultura e a Historia do Extremo Oriente.

Foi beatificado por Paulo V en 1619 e canonizado por Gregorio XV en 1622, o mesmo día que Ignacio de Loiola, Filipe Neri, Tareixa de Ávila e Isidro Labrador