Enola Holmes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enola Holmes
Ficha técnica
Título orixinalEnola Holmes
DirectorHarry Bradbeer
Produtor
GuiónJack Thorne
Baseado enThe Enola Holmes Mysteries: The Case of the Missing Marquess de Nancy Springer
Intérpretes
MúsicaDaniel Pemberton
FotografíaGiles Nuttgens
MontaxeAdam Bosman
Estudio
DistribuidoraNetflix
Estrea23 de setembro de 2020
Duración123 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMisterio
Filme seguinteEnola Holmes 2
Na rede
IMDB: tt7846844 Filmaffinity: 656850 Allocine: 261721 Rottentomatoes: m/enola_holmes Allmovie: vm8398206011 Metacritic: movie/enola-holmes Netlix: 81277950Editar o valor em Wikidata

Enola Holmes[1] é un filme estadounidense de 2020 dirixido por Harry Bradbeer, a partir dun guión de Jack Thorne. Baséase no primeiro libro da serie homónima de novelas de Nancy Springer. Conta a historia da irmá adolescente do famoso detective Sherlock Holmes, a cal vai a Londres na procura da súa nai desaparecida. Está protagonizado por Millie Bobby Brown no papel de Enola, e tamén foi produtora do filme. Henry Cavill, Sam Claflin, Adeel Akhtar, Fiona Shaw, Frances de la Tour, Louis Partridge, Susie Wokoma e Helena Bonham Carter interpretan os papeis secundarios.

Nun principio, estaba prevista a súa estrea nos cinemas a través de Warner Bros. Pictures, mais os dereitos de distribución foron vendidos a Netflix por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020. Enola Holmes estreouse dixitalmente o 23 de setembro de 2020. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que eloxiou especialmente a interpretación de Brown.

Enola Holmes estreouse en galego o 31 de outubro de 2022 a través de Netflix.[2]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. pipocas.amesa.gal (ed.). "Enola Holmes". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  2. Fansubgalego (ed.). "Enola Holmes subtitulado en galego en Netflix". Consultado o 8 de novembro de 2022. 
  3. Freda Cooper (23 de setembro de 2020). "'Enola Holmes': Sam Claflin on playing Henry Cavill's 'older' brother and schooling him on 'Love island' (exclusive)". Yahoo! Movies. Having Superman and Eleven as my younger siblings made me feel slightly inferior, so that added to the flavour of the character, if anything. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]