Barbuñales
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barbuñales (Barbuñals en aragonés) é un concello español da provincia de Huesca, situado na comarca do Somontano de Barbastro. A súa poboación era de 116 habitantes en 2005, sobre unha área superficial de 18,75 km², o que lle confería unha densidade de 6,19 hab/km². Dista 42 km da cidade de Huesca.
Índice |
[editar] Xeografía
Dentro do termo municipal está comprendido o lugar despoboado de Lizana, orixe probábel dun apelido común no Baixo Aragón e Matarraña, ás veces tido por navarro.
[editar] Sitios de interese
- Igrexa parroquial de San Lourenzo, de estilo barroco, datada en 1666.
- capela da famila Azara, con o sepulcro neoclásico de José Nicolás de Azara.
- Ermida de Santa Bárbara (restaurada hai pouco).
- Fonte das Calzadas (1571).
- Casa dos Azara, con pedra de armas.