HK Poprad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HK Poprad
Hockey Arena Poprad 2.jpg
Fundado en 5 de decembro de 1926
Sede Poprad CoA - new version.svg Poprad,
Presovsky vlajka.svg Prešov
Eslovaquia Eslovaquia
Cancha Poprad Ice Stadium
(4.500 espectadores)[1]
Cores Azul e branco
           
Liga Extraliga Eslovaca
Adestrador Milan Jančuška
Director Eslovaquia Tibor Turan
Sitio Web http://hkpoprad.tipsportextraliga.sk/

O HK Poprad é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Poprad, Eslovaquia. Actualmente compite na Extraliga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco, competición da cal foi subcampión en dúas ocasións. Xoga os seus partidos como local no Poprad Ice Stadium, un pavillón con capacidade para 4.500 espectadores. O club é alcumado Kamzíci, que significa "rebezo" en galego, animal que aparece no logo do club.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1929 baixo o nome de Karpathenverein Poprad, sendo renomeado HC Poprad en 1930. En 1933, foi coroado como mellor equipo de Eslovaquia.[2].

En 1935 mudou o seu nome polo de HC Tatry e participou na primeira división Checoslovaca entre 1945 e 1947. Posteriormente o club adoptou o nome de Sokol Tatry Poprad en 1948 e TJ Tatran Poprad en 1950, participando de novo na primeira división entre 1951 e 1954.

O club trocou nóvamente o seu nome para converterse no Lokomotíva-Vagónka-Stavbár (LVS) Poprad, logo no Telovýchovnej jednoty (TJ) Pozemné stavby (PS) Poprad, ČH Poprad en 1988 e, en 1990, ŠKP PS Poprad.

En 1991, tras 37 tempadas na segunda división, o equipo ascendeu de novo á primeira división checoslovaca, onde permaneceu ata 1993. Coa separación administrativa de Checoslovaquia, o club uniuse á Extraliga Eslovaca. Logo de tres terceiros postos conseguidos en 1997 e 1998, o equipo conseguiu o seu primeiro subcampionato en 2006, clasificación que se repetiría en 2011.

O HK Poprad ten gañado a Tatranský pohár en catorce ocasións, a última delas en 2012.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 14 Tatranský pohár: 1935, 1936, 1937, 1938, 1939, 1940, 1942, 1943, 1947, 1995, 2000, 2001, 2005 e 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

WikiProject Ice Hockey logo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]