Gran Župan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un Gran Župan (en serbio cirílico Велики жупан, en serbio latino Veliki župan, en latín Magnus Iupanus, en grego ζουπανος μεγας, zoupanos megas), era un título nobiliario dos eslavos do sur relacionado con župa, termo eslavo que orixinariamente significaba pater familias e, despois, xefe tribal dunha comunidade chamada župa, e que máis tarde se usou para designar un cargo como o de knez, Gran Príncipe ou Duque, segundo as administracións.

O primeiro rexistro escrito deste termo aparece no século IX, nunha inscrición en grego medieval nunha copa de prata do Primeiro Imperio búlgaro. A inscrición refírese a un certo Sivin, que parece que tiña esa posición nos tempos de Boris I (852–889). Parece que Sivin era un boiardo que axudaba na cristianización de Bulgaria.

Na Idade Media, o Veliki Župan serbio gobernaba un Principado que tiña varios "feudos", e o título describe ao titular como líder supremo de todas as terras, e que daba o título de Župan (segundo título máis alto) a fillos, irmáns ou outros familiares.

O Gran Župan máis notábel foi Estevo Nemanja, o fundador da dinastía Nemanjić, que sucedeu á dos Vlastimirović e gobernou Serbia durante varias décadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]