Estevo Creus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estevo Creus recitando nun supermercado

Estevo Creus Andrade, nado en Cee en 1975, é un escritor galego que ten destacado especialmente no eido da poesía.

Índice

[editar] Traxectoria

Os seus inicios literarios veñen marcados pola súa participación no Batallón Literario da Costa da Morte, e a través das súas obras colectivas Nós (1997) e Mar por medio (1998). Tamén naqueles anos publicou como narrador os relatos E a catro patas: quilómetros... (1994) e Confeso que matei a bambi (1996).

A súa primeira obras individual é do 1996, cando sae á luz Poemas da cidade oculta. Ese mesmo ano gaña con Areados o premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña. No ano 1998 gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón co poemario Teoría do lugar, e no 2002 o III Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño con Decrúa.

Interesado en experimentar coas novas formas da edición, convírtese nun dos membros fundadores da editora Letras de Cal e participa tamén no proxecto Retagarda Edicións dedicado a editar libros en formato dixital empregando o diskette como soporte. Publica nese formato O libro dos cans no ano 2000. Tamén no ano 2007 e xunto co seu irmán, o escritor e artista gráfico David Creus, publica facer Merzbau non ou posible?, un libro que pretende borrar as fronteiras do concepto tradicional de autoría e que se move dentro dun concepto multimediático da literatura (acompáñase dun DVD e de autocolantes).

Estevo Creus é licenciado en Psicoloxía e foi tamén fundador do Grupo de Teatro Talía.

[editar] Obra publicada

[editar] Poesía

[editar] Obras colectivas

  • Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso, 1997).
  • dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999).
  • facer Merzbau non ou posible? (xunto con David Creus, non ou edicións, 2007).
  • De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009).
  • Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010).

[editar] Premios

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas