Manuel Ruiz Zorrilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Ruiz Zorrilla

Manuel Ruiz Zorrilla, nado en El Burgo de Osma (provincia de Soria) o 22 de maio de 1833 e finado en Burgos o 13 de xuño de 1895, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou filosofía en Valladolid. Despois, en Madrid estudou Xurisprudencia na Universidade Complutense. En dous anos rematou os estudos de xurisprudencia e matriculouse en Leis acadando a licenciatura en 1857. En 1856 fora nomeado comandante da Milicia Nacional de Soria, accedendo deseguida á Deputación Provincial. Grazas a este pequeno empurrón político trasladouse a Madrid, onde foi nomeado Deputado Nacional polo Partido Progresista en 1858.

Nesa época comezou a súa amizade con Práxedes Mateo Sagasta. Destacou na Sublevación do Cuartel de San Gil (1866), polo que foi condenado a morte e tivo que fuxir de España. Dende o exilio dirixiu conspiracións para derrocar a Isabel II. Triunfante a Revolución de 1868, como un dos líderes do Partido Progesista sostivo que os progresistas debían asumir o programa democrático.

Encargouse da carteira de Fomento no goberno provisional de Francisco Serrano, estableceu a liberdade de ensinanza e decretou o traspaso de materiais de bibliotecas e arquivos relixiosos ao Estado e introduciu reformas na ensinanza universitaria. Formou parte do goberno de Prim como Ministro de Xustiza (1869), onde comezou a reforma lexislativa para adaptarse á nova Constitución, á morte de Prim converteuse no líder do Partido Progresista. Foi designado Presidente das Cortes Constituíntes e proclamou a Amadeo de Savoia como rei de España. Durante o reinado deste, presidiu o Goberno en dúas ocasións, entre o 24 de xullo e o 4 de outubro de 1871 e do 13 de xuño de 1872 e o 10 de febreiro de 1873, entre outras medidas aboliu a escravitude en Porto Rico e creou o Banco Hipotecario. En febreiro de 1873 Amadeo renunciou á Coroa de España e Ruiz Zorrilla retirouse da política. Cando abdicou o monarca, acompañouno ao exilio. Estableceuse en Baiona (Francia) e logo en París.

O 25 de agosto de 1876 publicou un manifesto pedindo a restauración da República baixo a Constitución de 1869 reformada en sentido republicano, e desde a capital francesa dedicouse a conspirar contra o goberno español, en maio de 1877 produciuse a primeira tentativa armada de derrocar a monarquía española que fracasou, Zorrilla pasou unha temporada en Xenebra e en 1878 volve de novo a París ata que é expulsado polas autoridades francesas, estableceuse en Londres tras outro intento frustrado xunto a Serrado para restaurar a república. En 1880 tras un intento frustrado por unir ás correntes republicanas e xa de novo en París organiza a Asociación Republicana Militar, organización secreta formada por militares españois co fin de organizar un pronunciamento militar, o último o de 1886 encabezado en España por Villacampa foi de novo un fracaso, e Zorrilla que se dirixira os Pireneos tivo que volver a París, despois instalouse en Bruxelas e Londres e despois de novo en París. En 1892 únese ao resto dos republicanos para concorrer ás eleccións en España, os republicanos conseguen 29 deputados, Ruiz Zorrilla elixido negouse a ocupar o seu escano. Enfermo retirouse da política o 16 de febreiro de 1895, o seu partido reunido para elixir sucesor, dividiuse entre o Partido Republicano Liberal e o Progresista e el despois de trámites co goberno español retirouse a España, morrendo antes de chegar á súa casa de Tablada (Burgos).

Amadeo I de España

Segue a:
Francisco Serrano Domínguez
Manuel Ruiz Zorrilla
Precede a:
José Malcampo y Monge
Escudo de España Amadeo de Saboya.svg
Presidente do Consello de Ministros de España
Amadeo I de España

Segue a:
Francisco Serrano Domínguez
Manuel Ruiz Zorrilla
Precede a:
Estanislao Figueras
Escudo de España Amadeo de Saboya.svg
Presidente do Consello de Ministros de España