Partido Democrático (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partido Democrático, Partido Demócrata ou Partido Progresista Demócrata foi una formación política xurdida en España en abril de 1849 a partir do Partido Progresista. Demandaba o pleno recoñecemento dos dereitos cidadáns e as liberdades individuais, o sufraxio universal, a desamortización de todos os bens da Igrexa, incluídos os bens civís e a abolición das quintas.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Actuou de xeito parcialmente clandestino ata a chegada do Bienio Progresista durante o reinado de Isabel II. Neste momento aglutinou a algúns militares descontentos, ao incipiente movemento obreiro e campesiño, republicanos e intelectuais, e o bienio axudou á súa expansión. Coa chegada da Unión Liberal ao goberno, regresa á ilegalidade. Neste momento prodúcese un debate aberto no que se fixa unha aproximación ao Partido Progresista, declárase abertamente o republicanismo da formación e os fundamentos do programa económico achéganse ao pensamento socialista. A súa figura máis relevante neste momento foi Pi i Margall que é quen lle da un verdadeiro contido político e determina unha maior influencia na sociedade grazas ao seu atractivo persoal. Desde o periódico La Discusión o partido dáse a coñecer máis fora de Cataluña onde mantivera unha actividade constante e un diario influínte: El Comercio de Barcelona.

A posibilidade ou conveniencia de alianzas cos progresistas levaron a debates enconados nos que se enfrontaron unitaristas contra federalistas, partidarios da alianza coas demais forzas democráticas e contrarios a ela. Logo dos fracasos do xeneral Juan Prim nas súas distintas sublevacións, asinaron o Pacto de Ostende en 1866 e o de Bruselas en 1867 para levar a termo cos progresistas a Revolución de 1868. O partido, coa chegada do Sexenio Democrático desfíxose parcialmente despois das eleccións de 1869, integrándose os seus membros noutras formacións de contido republicano. Os restos do mesmo desapareceron definitivamente en 1912.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]