Anafi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anafi - Ανάφη
Vista da illa
Chora cidade
Datos
Capital Anafi
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas Grego
Poboación (2001) 273 hab.
Superficie 40,37 km²
Densidade
Coordenadas 36°22′N 25°47′E / 36.367°N 25.783°E / 36.367; 25.783
Maior Altura 584 m Monte Kalamos
Localización
Localización  da illa

Anafi (grego: Ανάφη) é unha illa grega e unha comunidade das Cícladas. En 2001, tiña unha poboación de 273 habitantes. A súa superficie é de 40´370 km². Atópase ao leste da illa de Santorini.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo a mitoloxía, a illa recibiu o nome de Anafi, porque xorde das profundidades do mar para dar refuxio aos Argonautas dunha gran tormenta. Outros din que o nome débese á non existencia de serpes na illa "An Ofis" (sen serpes). A pesar do seu reducido tamaño, Anafi ofrece mitoloxía e interese arqueolóxico. No mosteiro de Panagia Kalamiotisa, hai ruínas dun templo construído como ofrenda ao deus Apolo Aegletus. Tamén se poden atopar ruínas en Kasteli e a maioría dos achados como estatuas están situadas no Museo Arqueolóxico na Chora (cidade), nun cuarto moi pequeno onde se almacenan as reliquias.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Anafi é moito máis que unha illa para camiñar. A través dos antigos camiños e ao redor dos outeiros escarpados, pódese camiñar ata o outro lado da illa. As praias máis populares son Klisidi e Roukounas. A península do extremo oriental da illa está dominada por un pico monolítico, o Monte Kalamos (584 m), un dos máis grandes do mar Mediterráneo. Emprazado sobre a cima deste macizo está a igrexa de Kalamiotissa, reconstruída en gran parte logo dun terremoto na década de 1950.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]