Ernesto Ekaizer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaErnesto Ekaizer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Director Cinco Días (en) Traducir
1989 – 1993 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo de investigación e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEl Periódico de Catalunya (2021–)
El País (2013–)
Diari Ara (década de 2010–)
Público (2008–2008) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm1723857 Twitter: ernestoekaizer Editar o valor em Wikidata

Ernesto Ekaizer, nado en Bos Aires (Arxentina) en 1949, é un xornalista e escritor arxentino que reside e traballa en España.

É autor, entre outros, do libro Indecentes, publicado en 2012, obra que interpreta a crise económica de 2008 en diante e, de maneira específica, a española, como unha estafa á sociedade por parte do sector financeiro nacional e internacional.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu en Bos Aires, no seo dunha familia emigrante de orixe xudía asquenací, por liña paterna. Tras traballar na revista Panorama e o diario La Opinión (entre outras publicacións arxentinas), trasladouse a España, onde foi redactor xefe do diario barcelonés La Vanguardia en Madrid, columnista da revista Cambio 16, subdirector da revista El Globo, director do diario económico Cinco Días e director adxunto do diario El País. É un colaborador asiduo en radio e televisión.

Xornal El País[editar | editar a fonte]

En 1998 foi enviado especial do xornal El País para cubrir os acontecementos relacionados co caso Pinochet. Ekaizer narrou os episodios xudiciais do ex-ditador chileno en Londres, e seguiu a evolución política e diplomática do caso, que se desenvolveu en Madrid, Santiago de Chile, Londres, Nova York e Washington. Este seguimento do caso permitiulle realizar o guión do documental Augusto Pinochet, prisionero de la ley, para a canle Tele 5, colaborando tamén na dirección do mesmo; como conselleiro técnico, colaborou con Patricio Guzmán na realización do seu filme El caso Pinochet. Ekaizer obtivo o premio Ortega y Gasset de xornalismo en maio do ano 2000 polos seus traballos sobre o caso Pinochet. Tres anos despois publicou o libro Yo, Augusto sobre o ditador chileno.[2]

Dende El País, Ekaizer cuestionou o tratamento dado aos atentados do 11-M en Madrid por outros medios de comunicación, con duras críticas a Pedro J. Ramírez, director do diario El Mundo, e a Federico Jiménez Losantos, director do programa «La mañana» da cadea de radio COPE e vicepresidente de Libertad Digital.[3] Tamén publicou, co título "Actas", as charlas mantidas durante a reunión nun rancho de Crawford do entón presidente español José María Aznar co presidente dos Estados Unidos George W. Bush tres semanas antes do ataque estadounidense a Iraq, nas que o presidente español solicitaba ao seu homólogo estadounidense argumentos para superar a oposición da opinión pública española.

Diario Público[editar | editar a fonte]

En 2008, após acadar o posto de adxunto ao director de El País, Ekaizer abandonou o diario para incorporarse, o 1 de febreiro dese ano, ao novo diario Público, fundado en 2007. Asumiu o posto de editor executivo, coordinando tamén o consello asesor á dirección na súa liña editorial e escribindo como analista e columnista.[4]

Televisión e radio[editar | editar a fonte]

Dende principios da década de 2000, Ekaizer participa asiduamente en faladoiros xornalísticos sobre actualidade política para televisión e radio, en programas como La mirada crítica, Ruedo ibérico, Al rojo vivo, Las mañanas de Cuatro, Madrid opina, Versió RAC 1, Espejo Público ou Las cosas claras.

Obras[editar | editar a fonte]

  • José María Ruiz-Mateos, el último magnate (1985)
  • Banqueros de rapiña (1994)
  • Vendetta (1996)
  • El farol (1997)
  • Yo, Augusto (2003)
  • Guerra y castigo (2004)
  • Indecentes. Crónica de un atraco perfecto (2012)[1]
  • El caso Bárcenas (2013)
  • Queríamos tanto a Luis (2015)
  • El libro negro: la crisis de Bankia y las cajas (2018)
  • La novel·la de la rebel·lió: Cròniques del judici (2019)
  • El crispavirus (2020)
  • El rey al desnudo (2021)
  • Operación Jaque Mate (2023)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Indecentes, Ernesto Ekaizer, Espasa (2012) (arquivado en Archive.org), páxina web do libro.
  2. "Los internautas preguntan a Ernesto Ekaizer". ElPaís.com. 11 de setembro de 2003. Consultado o 22 de marzo de 2009. O 11 de setembro de 1973 un golpe militar liderado polo xeneral Augusto Pinochet derrocaba o Goberno de Salvador Allende. Despois de tres anos de investigación, Ernesto Ekaizer publicou o libro Yo, Augusto sobre o ditador chileno, coincidindo co 30 aniversario do golpe. O autor charlou cos lectores. 
  3. Raúl Vilas (22 de xaneiro de 2008). "Soy Ernesto Ekaizer, del diario El País". Libertad Digital. 
  4. "Ernesto Ekaizer se incorpora a 'Público'". Público.es. 22 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2009.