Ellen Page
| Ellen Page | |
|---|---|
Ellen Page na estrea do filme Inception en París no 2010. |
|
| Nacemento | Ellen Philpotts-Page 21 de febreiro de 1987 Halifax, Nova Escocia, |
| Profesión | Actriz (1997-presente) |
| Ficha na IMDb | |
Ellen Philpotts-Page, nada en Halifax (Nova Escocia) o 21 de febreiro de 1987, é unha actriz canadense. Foi nomeada ós premios Oscar e ós Globos de Ouro na categoría de mellor actriz pola súa actuación en Juno (2007).
Índice |
Traxectoria [editar]
É filla de Denis Page (deseñador gráfico) e Martha Phillpotts (mestra). Asistiu ó "Halifax Grammar School" até o oitavo curso e posteriormente estivo varios anos no instituto "Queen Elizabeth High School" graduándose finalmente no "Shambhala School" en 2005. Pasou dous anos en Toronto, Ontario, estudando no programa interactivo de "Vaughan Road Academy" xunto co seu mellor amigo e tamén actor canadense Mark Rendall.
Page comezou a súa carreira co filme Pit pony (1997), á idade de dez anos, interpretando o papel de "Maggie McLean". Posteriormente, en 1999, realizouse a serie televisiva homónima. Grazas ó seu traballo nesta última entrou nos nomeamentos ós Premios Gemini como mellor interpretación de programa infantil.
Acadou notoriedade polo seu traballo no filme Hard Candy (2005), cuxo tema central é o abuso sexual, no papel de "Hayley Stark", unha adolescente de 14 anos lista e encantadora que coñece a un home de trinta e poucos anos con quen non "debería" estar.
Ellen Page sorprendeu a críticos e espectadores coa súa interpretación dun papel tan duro como o que tivo en Hard Candy, pero quizais sexa máis coñecida despois de traballar en X-Men: The Last Stand como "Kitty Pryde/Shadowcat", unha mutante capaz de atravesar calquera tipo de material.
No 2007 sorprendeu ós críticos novamente cunha faceta como actriz completamente diferente co seu papel en Juno, unha rapaza de dezaseis anos cun embarazo non desexado. O filme valeulle a candidatura ó Globo de Ouro en 2008 na categoría de Mellor actriz de comedia ou musical e ó Oscar á mellor actriz. Juno conseguiu o Oscar ó mellor guión o 24 de febreiro de 2008.
O 1 de marzo de 2008 Ellen foi a convidada de Saturday Night Live e o 3 de mayo de 2009 aparecía como estrela invitada no capítulo "Waverly Hills 9-0-2-1-D'oh" da serie animada The Simpsons, interpretando ó personaxe "Alaska Nebraska".
Actualmente participou no filme Inception onde segundo varios críticos de cine desempeñou un bo papel, sendo nomeada ó Premio Saturn á mellor actriz.
Curiosidades [editar]
De nena xogaba con figuriñas de acción, gabeaba árbores e escoitaba moita música pop e rap. Dende xuño de 2008, Page vive na súa cidade natal, Halifax. Tamén comentou nunha entrevista con Barbara Walters que era somnámbula e alucinaba mentres durmía. Falando con Drew Barrymore para a revista "Interview" (marzo de 2008), Page dixo que tiña un can chamado "Patti", na honra a un dos seus ídolos, Patti Smith.
Filmografía [editar]
| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 2012 | The Wrong Picture | Dirixida por Woody Allen | |
| 2012 | Freeheld | Stacie Andree | |
| 2011 | Tilda | Carolyn | Televisión |
| 2011 | Super | Boltie | |
| 2011 | 28 Months Later | ||
| 2010 | Inception | Ariadne | |
| 2009 | Peacock | Maggie | |
| 2009 | Whip It | Bliss Cavendar | |
| 2008 | Smart People | Vanessa Wetherhold | |
| 2007 | The Stone Angel | Arlene | |
| Juno | Juno MacGuff | ||
| The Tracey Fragments | Tracey Berkowitz | ||
| An American Crime | Sylvia Likens | ||
| 2006 | X-Men: The Last Stand | Kitty Pryde | |
| 2005 | Mouth to Mouth | Sherry | |
| Hard Candy | Hayley Stark | ||
| 2004 | ReGenesis | Lilith Sandstrom | Televisión (8 episodios) |
| Wilby Wonderful | Emily Anderson | ||
| I Downloaded a Ghost | Stella Blackstone | ||
| 2003 | Love That Boy | Suzanna | |
| Going for Broke | Jennifer | ||
| Homeless to Harvard: The Liz Murray Story | Lisa | ||
| Touch & Go | Trish | ||
| Mrs. Ashboro's Cat | Natalie Merritt | ||
| 2002 | The Wet Season | Jocelyn | |
| Marion Bridge | Joanie | ||
| Rideau Hall | Helene | Televisión (1 episodio) | |
| 2001 | Trailer Park Boys | Treena Lahey | Televisión (5 episodios) |
| 1999 | Pit Pony | Maggie MacLean | Televisión |
| 1997 | Pit Pony | Maggie MacLean |
Premios [editar]
- Premios Oscar
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2007 | Oscar á mellor actriz | Juno | Nomeada |
- Premios Globo de Ouro
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2007 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | Juno | Nomeada |
- Premios BAFTA
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2007 | BAFTA á mellor actriz | Juno | Nomeada |
| 2007 | Premio Orange a estrela emerxente | Nomeada | |
- Premios do Sindicato de Actores
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2007 | Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz protagonista | Juno | Nomeada |
- Premios Satellite
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2007 | Mellor actriz- Comedia ou Musical | Juno | Gañadora |
- Premios Independent Spirit Awards
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2008 | Independent Spirit Award á mellor actriz | Juno | Gañadora |
- Premios MTV Movie
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2008 | Mellor actriz | Juno | Gañadora |
| 2008 | Mellor bico | Nomeada | |
- Premios Saturn
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2010 | Premio Saturna á Mellor Actriz | Inception | Pendiente |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)