Bernat Soria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bernat Soria

Bernat Soria Escoms, nado en Carlet, Valencia, en 1951, é un biofísico e político español.

[editar] Traxectoria

Doutor en medicina pola Universidade de Valencia, foi Coordinador da área de Fisioloxía (3B) da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP), catedrático da fisioloxía da Universidade Miguel Hernández de Elx e director do seu instituto de bioenxeñería entre 1997 e 2005. Actualmente é o coordinador da Rede Europea de Células Nai Embrionarias, ademais de catedrático de Fisioloxía da Universidade Pablo de Olavide e director do Centro Andaluz de Biología Molecular y Medicina Regenerativa (CABIMER) de Sevilla, e está considerado como un dos principais expertos mundiais na investigación con células nai. En 2005 recibiu o Premio Galien ao Mellor Labor Investigador.

O 6 de xullo de 2007 foi nomeado Ministro de Sanidade e Consumo en substitución de Elena Salgado.


Predecesor:
Elena Salgado
Escudo de España.svg
Ministro de Sanidade e Consumo

2007 - 2009
Sucesor:
Trinidad Jiménez

[editar] Outros datos persoais

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas