Jordi Sevilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordi Sevilla
Datos persoais
Nacemento19 de marzo de 1956
 España Valencia
OrganizaciónPartido Socialista Obrero Español
Alma máterUniversidade de Valencia
ProfesiónEconomista
Na rede
Dialnet: 11638
editar datos en Wikidata ]

Jordi Sevilla Segura, nado en València o 19 de marzo de 1956, é un político español membro do PSOE e economista, foi Ministro de Administracións Públicas do Goberno de España (2004-2007).

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Valencia, é funcionario por oposición, pertence ao Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado. Ademais está casado e ten tres fillos.

Escribiu varios artigos especializados e tres libros:

  • Balance y perspectivas de las relaciones Norte-Sur (1993)
  • La economía española ante la moneda única (1997)
  • De nuevo socialismo (2002)

Publicou dúas novelas negras: La joven de la foto (2009) e El valle de los olivos (2011), as dúas protagonizadas polo detective Ricki Trullos.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Entre 1985 e 1991 foi asesor de Relacións Económicas Internacionais do gabinete da Presidencia do Goberno.

De 1991 a 1993 foi Xefe do gabinete do Ministro de Agricultura. De 1993 a 2000 Director do gabinete do Ministro de Economía e Facenda.

Entre 1998 e 2000 foi asesor do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso.

Desde marzo de 2000 é deputado no Congreso pola provincia de Castelló e desde xullo de 2000 Secretario de Política Económica e Ocupación da Comisión Executiva Federal do PSOE.

O 18 de abril de 2004, coa vitoria do partido socialista nas eleccións xerais, foi nomeado Ministro de Administracións Públicas.

O 6 de xullo de 2007 foi relevado do cargo de Ministro de Administracións Públicas, sendo substituído pola anterior titular do Ministerio de Sanidade, Elena Salgado.


Predecesor:
Julia García-Valdecasas
 
Ministro de Administracións Públicas de España
 
2004 - 2007
Sucesor:
Elena Salgado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]