Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En Cataluña o 1 de novembro de 2006 celebráronse eleccións autonómicas para elixir os 135 deputados da VIII lexislatura do Parlamento de Cataluña que elixiron un novo presidente da Generalitat de Catalunya. Cada unha das catro provincias constitúe unha unha circunscrición electoral segundo un sistema electoral proporcional corrixido pola lei d'Hont.

Presentáronse 75 candidaturas de 21 forzas políticas a estas eleccións. A provincia de Barcelona elixe 85, a provincia de Tarragona 18, a provincia de Xirona 17 e a de Lleida 15. Un total de 5.320.395 electores teñen dereito ó voto

Convocatoria[editar | editar a fonte]

O presidente da Generalitat, Pasqual Maragall do PSC, que viña gobernando co apoio de ERC e ICV, cesou o 11 de maio de 2006 os conselleiros de ERC ó non apoiar estes o novo Estatut de Autonomía que se debía referendar en xuño e anunciou que convocaría anticipadamente os cidadáns de Cataluña a elección dun novo parlamento a fins de ano ó non poder garantir o apoio do Parlamento ó seu goberno. Formalmente convocáronse o 8 de setembro e Pasqual Maragall non se presenta á elección.

Candidaturas[editar | editar a fonte]

Candidaturas presentes no Parlamento[editar | editar a fonte]

Candidaturas sen presenza no Parlamento[editar | editar a fonte]

Resultados[editar | editar a fonte]

Resultados (provisorios)

Partido Candidato Votos % Escanos
Convergència i Unió Artur Mas 928.511 31.52 48
Partit dels Socialistes de Catalunya José Montilla 789.767 26.81 37
Esquerra Republicana de Catalunya Josep Lluís Carod Rovira 414.067 14.05 21
Partido Popular Josep Piqué 313.479 10.64 14
Iniciativa per Catalunya Joan Saura 281.474 9.55 12
Ciutadans-Partido de la Ciudadanía Albert Rivera 89.567 3.04 3
Els Verds-Ecologistes i Verds de Cataluña 17.388 0.59
PACMA 13.158 0.45
Escons Insubmisos-Alternativa dels Demòcrates Descontents 6.878 0.23
Partit Republicà Català 5.847 0.2
POSI 5.431 0.18
PCPC 4.720 0.16
Els Verds-Alternativa Verde 3.128 0.11
Partido Familia y Vida 2.538 0.09
Adelante Cataluña 2.529 0.09
Partido Humanista 2.466 0.08
MSR 1.023 0.03
Partido Azul 1.019 0.03
Por un Mundo más Justo 851 0.03
Decideix.cat 650 0.02
Ciudadanos en Blanco 620 0.02
Izquierda Republicana-Partit Republicà de Catalunya 567 0.02

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Web da Generalitat sobre as eleccións de 2006