Ciudadanos en Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ciudadanos en Blanco (Cenb) é unha agrupación política española que se autodefine como unha "plataforma non-partido",[1] inscrita no rexistro de partidos para acadar lexislar o voto en branco como un voto computable de xeito que se reflicta en escanos baleiros.[2]

Cenb fundouse en 2002[1] nas Illas Baleares. Desde entón vense presentando ás eleccións nos 3 niveis territoriais (local, autonómico e estatal). En outubro de 2011, xunto con outras organizacións, funda a coalición hartos.org[3].

O motivo do seu programa electoral débese á actual lei electoral española (LOREG)[4], na cal os votos en branco son válidos e contabilizados para calcular a porcentaxe de votos de cada partido que, para poder entrar no reparto de escanos, debe superar a barreira do 3% nas eleccións xerais e o 5% nas municipais e na maioría das autonómicas. Porén, ditos votos en branco non son tidos en conta á hora de facer o reparto de escanos, aínda que superen a porcentaxe marcada. Segundo esta agrupación, se o voto en branco conta para calcular a porcentaxe de cada partido, debe de contar tamén para facer o reparto como se fose un partido máis. No caso de que deste xeito lle correspondese algún escano aos votos en branco, reflectiríase en escanos baleiros sen ocupar.

CenB ofrécese aos votantes que teñan intención de votar en branco como unha ferramenta para facer visible dito voto mediante a non-ocupación do escano e a renuncia a calquera emolumento que lle poidera corresponder por ter acadada a representación. A pesar da gran expansión que sufríu desde a súa fundación, ainda non logrou presentar listas en todas as provincias do Estado español.

Liña política[editar | editar a fonte]

Ciudadanos en Blanco persegue que os votos en branco nas eleccións sexan computados de forma que se acadan os suficientes para obter un escano, este quede baleiro. O principal punto do programa electoral da agrupación é a consecución dunha lei electoral máis proporcional ca actual e que contemple o voto en branco computable para o reparto. O partido afirma que, agás nesa ocasión, deixaría os seus escanos baleiros e, unha vez conseguida, o partido autodisolveríase.

Nas últimas eleccións municipais do 2011, acadou catro concelleiros en tres concellos cataláns[5]:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]