PACMA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manifestación antitaurina cun cartel do PACMA.

PACMA, acrónimo de Partido Animalista Contra os Malos tratos aos Animais, é un partido político de ámbito estatal fundado en Bilbao o 24 de febreiro de 2003 que loita polos dereitos dos animais e contra os malos tratos a estes, tamén como parte da esixencia do respecto ao dereito á vida humana. Así mesmo, defende a promoción do vexetarianismo e veganismo. A súa sede central atópase en Madrid.

Xurdiu como Partido Antitaurino Contra os Malos tratos aos Animais a partir da unión de diversos colectivos antitaurinos e de defensa dos animais. O 25 de xuño de 2011, na Asemblea Estatal do partido, cambiou o nome polo actual Partido Animalista Contra os Malos tratos aos Animais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: PACMA