Partido Obrero Socialista Internacionalista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partido Obrero Socialista Internacionalista (POSI) é un partido troskista rexistrado en 1984. Os seus órganos de prensa son La Verdad e Combate Socialista e é a sección española da Cuarta Internacional-Centro Internacional de Reconstrución.

Eleccións[editar | editar a fonte]

  • Eleccións xerais 1986: 21.853 votos (0.11%)
  • Eleccións xerais 2000: 12.208 votos (0.05%)
  • Eleccións xerais 2004: 8.003 votos (0.03%)
  • Eleccións europeas 2004: 7.976 votos (0.05%)