Eduardo Ruiz Pons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eduardo Ruiz Pons, nado en Padrón o 19 de setembro de 1819 e finado en Porto en 1865, foi un mestre, avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Involucrouse na vida universitaria da época. Trabou amizade con Antolín Faraldo Asorey e Ramón de la Sagra Peris, entre outros revolucionarios. Xunto ao comandante Miguel Solís levantáronse en 1846 contra o ditador Narváez, reclamando un novo estatuto para Galiza, que non tiña representación no goberno. Madrid enviou ao xeneral de la Concha, que os derrotou en Cacheiras (Teo). Os doce xefes militares foron sometidos a una farsa de xuízo e fusilados o 26 de abril en Carral (episodio dos Mártires de Carral). Eduardo Ruiz tivo que emigrar, sendo amnistiado tralo cambio de réxime, e concedéuselle a Cruz do valor.

En Madrid exerceu como avogado, estudou Ciencias e publicou artigos en La Discusión, do que foi director, o que lle provocou enfrontamentos. Posteriormente foi profesor de historia natural nos institutos de Oviedo, Pontevedra e Zaragoza. Foi elixido deputado nas eleccións de 1854 pola xurisdición da Coruña. Nas Cortes votou contra a monarquía, polo que tivo que emigrar de novo. O Goberno español informou ao francés, sendo detido 21 días en Burdeos. Tras unha nova amnistía instalouse en Zaragoza, onde publicou un programa democrático, motivo polo que foi procesado en 1861 e condenado a 1.000 pesetas de multa e 12 anos de cadea. Foi absolto ao ano seguinte, e marchou a Xénova para unirse con Garibaldi, pero este non o aceptou. Entón instalouse en Porto, onde publicou un libro sobre democracia. Alí faleceu en 1865.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Historia de la causa formada en Zaragoza el año de 1861 contra el ex constituyente D. Eduardo Ruiz Pons y consortes, 1864.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]