Doom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Doom
Distribuidora Id Software, GT Interactive, Activision.
Deseñador John Romero
Compositor Bobby Prince
Versión 1.9
Lanzamento 10 de decembro de 1993.
Xénero Xogo de disparos en primeira persoa
Modos de xogo 1 xogador ou
ate 4 en multixogador
Clasificación ESRB: M
ESRB: T (GBA)
BBFC: 15
OFLC: MA15+
RSAC: V3: Blood and gore
L1: Mild expletives
PEGI: 16+
Plataformas MS-DOS,
outras versións de Doom.
Formato Disquete, CD (PC).
Requisitos CPU con procesador 80386,
4 MB RAM
Páxina oficial Id Software

Doom é un xogo para ordenador lanzado en 1993 por Id Software. Trátase dun dos títulos do xénero de tiro en primeira persoa. Combina gráficos 3D con violencia gráfica. Deveu inmensamente popular, cun lanzamento en versión shareware que se estima que é xogada por 15 millóns de persoas. Alén de definir moitos elementos dos xogos de tiro en primeira persoa, Doom estabelece unha sub-cultura por popularizar os xogos en rede e permitir expansións creadas polos xogadores (WADs). O logro do xogo influenciou o boom de xogos nos anos 90 até o punto de que eses xogos fosen, algunhas veces, chamados "clons do Doom".

A franquía Doom continuou con Doom II: Hell on Earth (1994) e numerosos paquetes de expansión como Ultimate Doom (1995), Master Levels for Doom II (1995), e Final Doom (1996). A maioría creado por fans, sendo lanzados para o PC/DOS, eses xogos foron subseqüentemente levados a varias plataformas, incluíndo nove xogos diferentes para consolas. A serie perdeu o atrativo cando o mecanismo gráfico do Doom se tornou obsoleto no final de os anos 90 mais foi revivido en 2004 co lanzamento do Doom 3, unha releitura do xogo orixinal usando nova tecnoloxía.

En 2004 foi lanzada unha versión en taboleiro, por Fantasy Flight Games, con miniaturas dos monstros e personaxes. Xa en 2005, foi lanzado unha adaptación cinematográfica de Doom.

Historia[editar | editar a fonte]

Doom ten un tema de ficción de horror, e un enredo ben simple, que só aparece no manual, e a historia dentro do xogo en si é mostrada en mensaxes entre os episodios.

O xogador recibe o papel dun fusileiro espacial, "Un dos máis duros na terra, endurecido en combate e adestrado para a acción", (one of Earth's toughest, hardened in combat and trained for action) que foi deportado para Marte por mallar nun oficial superior cando lle ordenara matar civís desarmados. É forzado a traballar para a Union Aerospace Corporation (UAC), un complexo militar-industrial que está realizando experiencias secretas en teletransporte entre as lúas de Marte, Fobos e Deimos. De súpeto, algo erra e criaturas do Inferno comezan a vir das áreas de teletransporte. Unha resposta defensiva da seguridade da base falla en deter a invasión, e é rapidamente dominada por demos, con toda a guarnición morta ou transformada en zombis. Ao mesmo tempo, Deimos desaparece enteiramente. Un equipo da UAC en Marte é enviado a Phobos para investigar o incidente, mais o contacto por radio cesa e só un deles permanece vivo; o xogador, cuxa tarefa é escapar vivo.

Modelo da Spider Mastermind

Para terminar o xogo, o xogador precisa loitar en tres episodios contendo nove fases cada un. Knee-Deep in the Dead, o primeiro episodio (e o único, na versión shareware), pásase nunha base militar high-tech en Phobos. Remata co xogador loitando contra os Barons of Hell e entrando no teletransportador que leva a Deimos, onde el é atacado por monstros e aparentemente morre. No segundo episodio, Shores of Hell, o xogador fai unha xornada a través das instalacións en Deimos, cuxas áreas mostran unha arquitectura bestial. Despois de encontrar o Cyberdemon (un demo cunha bazuca no lugar dun brazo), a verdade sobre a lúa desaparecida é descuberta: ela flota sobre o Inferno! O xogador descende até a superficie e o episodio final, Inferno, comeza. Despois de destruír o xefe final, Spider Mastermind (unha especie de cerebro con patas, altamente armado), unha porta secreta ábrese para o heroe, que "probou ser forte de máis para o Inferno conter" (proved too tough for Hell to contain), pola que é levado de volta á Terra. O paquete de expansión Ultimate Doom engade un cuarto episodio contando as aventuras da volta ao lar do fusileiro. Doom foi elixido o mellor xogo en 1994, polos internautas.

Xogabilidade[editar | editar a fonte]

Captura de pantalla de Doom, mostrando a visión en primeira persoa.

Sendo un xogo de tiro en primeira persoa, opunto de vista de Doom é o do protagonista. O obxectivo de cada fase é simplemente atopar a saída que leva ao próximo nivel, um botón cun sinal de "EXIT" en vermello, despois de sobrevivir a todos os perigos ao longo do camiño. Entre os obstáculos encóntranse monstros, tanques con residuos tóxicos, teitos que se veñen abaixo e esmaga o xogador e portas atrancadas, que se abren atopando unha chave ou un interruptor. Os niveis son ás veces labirínticos, e presentan unha gran abundancia de áreas secretas con power-ups como recompensa para que o xogador as explore. Para axudar no camiño hai un mapa.

Doom é notabel polo arsenal dispoñíbel, que se tornou nunha especie de prototipo para os xogos de tiro en primeira persoa. O xogador comeza armado apenas cunha pistola, e cos seus puños, mais podense apañar armas mellores: a motoserra, a escopeta, a metralladora, o lanza foguetes, o rifle de plasma, e a imensamente poderosa BFG 9000 (BFG é um acrónimo de Big Fucking Gun, no filme aparece como Bio Force Gun version 3.14, mais o personaxe Sarge a chama polo nome orixinal). Hai unha gran variedade de power-ups, como a mochila que aumenta a capacidade de cargar munición, armadura, kit de primeiros auxilios para restaurar a saúde, e esferas que poden facer ao xogador máis forte (invulnerability, megasphere, soulsphere e invisibility sphere). Hai tamén o "berserker kit", que permite ao xogador causar grandes danos cos puños.

Os inimigos no Doom sono os elementos principais do xogo. O xogador encáraos en grandes números. Existen 10 tipos de monstros (Doom II dobra esa cantidade), incluindo tanto humanos poseidos coma demos de diferentes forzas, indo desde os máis omnipresentes imps (monstros con espiñas marrons) e os Cacodemon (unha especie de demo esférico flotante que cospe bólas de materia incandescente) ate os xefes de final de fase, que usan múltiples ataques mesmo das armas mais potentes. Os monstros teñen comportamentos simples, que consisten en andar a redor do xogador ou atacar tirando bolas de lume, mordendo, e rasgando a pel, ademais eles poden tamén loitar entre si.

Alén do modo monoxogador, Doom presenta dous modos multixogador: cooperativo, no que de 2 a 4 xogadores loitan contra as lexións do Inferno, ou deathmatch, no que os xogadores loitan entre si.

Fases do Xogo[editar | editar a fonte]

Estas fases son as orixinais da primeira edición de Doom. No xogo son abreviadas ExMy (episodio x, misión y)

Knee-Deep in the Dead[editar | editar a fonte]

Nome Tradución Deseñador
E1M1: Hangar Hangar John Romero
E1M2: Nuclear Plant Usina Nuclear John Romero
E1M3: Toxin Refinery Refinaría de Toxinas John Romero
E1M4: Command Control Control de Comando John Romero/Tom Hall
E1M5: Phobos Lab Laboratorio de Phobos John Romero
E1M6: Central Processing Central de Processamento John Romero
E1M7: Computer Station Estación de Computadores John Romero
E1M8: Phobos Anomaly Anomalía de Phobos Sandy Petersen/Tom Hall
E1M9: Military Base (fase secreta) Base Militar John Romero

The Shores of Hell[editar | editar a fonte]

Nome Tradución Deseñador
E2M1: Deimos Anomaly Anomalía de Deimos Sandy Petersen/Tom Hall
E2M2: Containment Area Área de Contención Sandy Petersen/Tom Hall
E2M3: Refinery Refinaría Sandy Petersen/Tom Hall
E2M4: Deimos Lab Laboratorio de Deimos Sandy Petersen/Tom Hall
E2M5: Command Center Centro de Comando Sandy Petersen
E2M6: Halls of the Damned Corredores dos Condenados Sandy Petersen
E2M7: Spawning Vats Barrís de Procreación Sandy Petersen/Tom Hall
E2M8: Tower of Babel Torre de Babel Sandy Petersen
E2M9: Fortress of Mystery (secreta) Fortaleza de Misterios Sandy Petersen

Inferno[editar | editar a fonte]

Name Tradución Deseñador
E3M1: Hell Keep Fortaleza do Inferno Sandy Petersen
E3M2: Slough of Despair Atoleiro do Desespero Sandy Petersen
E3M3: Pandemonium Pandemonio Sandy Petersen
E3M4: House of Pain Casa do Sufrimento Sandy Petersen
E3M5: Unholy Cathedral Catedral Profana Sandy Petersen/Tom Hall
E3M6: Mount Erebus Monte Érebus Sandy Petersen
E3M7: Gate cho Limbo Portal para Limbo Sandy Petersen/Tom Hall
E3M8: Dis Dis Sandy Petersen
E3M9: Warrens Sandy Petersen

Expansións, e Freedoom[editar | editar a fonte]

Captura de pantalla de Freedoom.

O código fonte de Doom foi publicado por ide Software en 1997 baixo unha licenza propietaria. Consecuentemente o xogo foi levado a varios sistemas operativos. Máis adiante, en 1999, o código foi relicenciado baixo os termos da licenza pública GPL, abrindo a posibilidade aos seus fans de realizar modificacións do xogo baseadas no orixinal. A maioría das modificacións tiveron que ver con melloras, corrección de erros, e eliminar as limitacións do motor.

Estas melloras foron incluídas en programas chamados "source ports" como o son por exemplo: ZDoom, Doom Legacy, Doomsday, etc. Estes programas xeralmente agregan melloras que se atopan en xogos máis novos que teñen similitude de código con Doom (Heretic ou Hexen, por exemplo) ou simplemente de estilo (Doom é un FPS, polo tanto a maioría agregou unha consola ao estilo Quake). Nalgúns agregáronse máis modos de xogo novos como Capturar a bandeira, Duelo a muerte con características especiais, Duelo en equipo, Último home en pé, etc., e melloraban os xa existentes por exemplo o número de xogadores pasou dun límite de 4 a 16, ou ata 32 coma nos xogos máis modernos.

Desde a apertura do código xerouse toda unha cultura entre os seus fans, de contribuír na creación de novos niveis e gráficos para o xogo. O medio é Internet, e desde alí organizáronse para crear miles de niveis. Entre algúns dos programas de construción de niveis para Doom; os máis utilizados son Doom Builder e WAD Author.

Produción[editar | editar a fonte]

A produción de Doom comezou en 1992, con John Carmack construíndo o mecanismo gráfico mentres a id terminaba Spear of Destiny, a continuación de Wolfenstein 3D. As grandes influencias dos creadores foron os filmes Aliens e Evil Dead II, cos demos saíndo dunha partida de Dungeons & Dragons que terminou co planeta infestado deles.O título fora escolhido por Carmack dunha escena do filme A Cor do Diñeiro.

Tom Hall creou un documento chamado "Biblia de Doom", cunha historia complexa, no cal 5 soldados nunha base militar no planeta Tei Tenca loitan cos demos, e viaxan ao Inferno. Mais Carmack rexeitouno, dicindo que "a historia nun xogo é tan importante coma a historia nun filme porno". Conflitos co equipo (Hall quería máis realismo en vez de mellor xogabilidade) levaron a Hall a saír en 1993.

A "Biblia" foi rexeitada, mais diversas ideas quedaron: tamén comeza nunha base militar, mais nas lúas de Marte; as viaxes ao inferno; e só un protagonista soldado. Moitos niveis e criaturas tamén quedaron, con alteracións.

Plataformas[editar | editar a fonte]

Doom foi levado a diversas plataformas.

Ordenador[editar | editar a fonte]

Consolas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]