Discografía de The Strokes
The Strokes é unha banda estadounidense de indie rock. Formada na cidade de Nueva York en 1999, a banda está integrada por Julian Casablancas (vocalista), Nick Valensi (guitarrista), Albert Hammond Jr. (baixista) e Fabrizio Moretti (baterista). A discografía de The Strokes consiste en catro álbums de estudio, un EP, dez singles, un vídeo álbum, e once vídeos musicais.
En xaneiro de 2001, The Strokes lanzou un demo EP, titulado The Modern Age, no selo independente Rough Trade Records. A grande cantidade de propaganda xerada polo rexistro, sobre todo entre a prensa musical británica, levou a unha grande cantidade de ofertas entre os selos discográficos máis importantes. Finalmente a banda firmou con RCA Records, e así lanzou o seu álbum debut Is This It en agosto de 2001. Co éxito do seu primeiro single «Hard to Explain», o álbum debutou no número 2 na The Official UK Charts Company e no número 33 no Billboard 200. Is this it foi moi aclamado pola crítica, gañando varios galardóns, e que ten o seu lugar na lista da revista Rolling Stone, dos 500 mellores álbums de todos os tempos segundo Rolling Stone. Certificado platino nos Estados Unidos e no Reino Unido, o álbum vendeu máis de 2.000.000 copias no mundo.
The Strokes lanzou o seu seguinte álbum, titulado Room on Fire, en outubro de 2003. O álbum conseguiu unha boa posición nas listas musicais, alcanzando o número 2 e a certificación de platino no Reino Unido, mentres que nos Estados Unidos logrou chegar ao número 4 nas listas. Tres singles foron tirados do álbum. O terceiro álbum de estudio da banda, titulado First Impressions of Earth, foi lanzado en xaneiro de 2006. Aínda que os críticos suxeriron que a data do lanzamento do álbum (despois do Nadal), era unha indicación de que a banda quería reducir as expectativas do disco, First Impressions of Earth foi o primeiro álbum de The Strokes en alcanzar o primeiro sitio nas listas do Reino Unido. «Juicebox» converteuse no primeiro single do grupo en entrar ao Billboard Hot 100, e ademais logrou colocarse no número 5 na The Official UK Charts Company. Despois dun longo descanso, The Strokes lanzou o seu cuarto álbum de estudio titulado Angles en marzo de 2011.
Índice |
[editar] Álbums de estudio
| Ano | Detalles | Posicións | Certificacións |
|||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| EUA [1] |
AUS [2] |
AUT [3] |
BEL [4] |
FRA [5] |
GER [6] |
NOR [7] |
NZ [8] |
SWE [9] |
UK [10] |
|||
| 2001 | Is This It
|
33 | 5 | 35 | 47 | 19 | 28 | 2 | 23 | 3 | 2 | |
| 2003 | Room on Fire
|
4 | 6 | 14 | 14 | 16 | 6 | 3 | 6 | 6 | 2 | |
| 2006 | First Impressions of Earth
|
4 | 4 | 9 | 21 | 9 | 11 | 22 | 10 | 9 | 1 |
|
| 2011 | Angles[19]
|
4 | 1 | 9 | 18 | 6 | 15 | 15 | 6 | 21 | 3 | |
[editar] EPs
| Ano | Detalles | Posicións | ||
|---|---|---|---|---|
| CAN [20] |
NOR [21] |
UK [22] |
||
| 2001 | The Modern Age
|
28 | 20 | 68 |
[editar] Vídeo álbum
| Ano | Detalles |
|---|---|
| 2002 | The Videos and More
|
[editar] Videoclips
| Ano | Nome | Director |
|---|---|---|
| 2001 | "Last Nite" | Roman Coppola |
| 2002 | "The Modern Age" | |
| "Hard to Explain" | Roman Coppola Johannes Gamble Julian Casablancas |
|
| "Someday" | Roman Coppola | |
| 2003 | "12:51" | |
| 2004 | "Reptilia" | Jake Scott |
| "The End Has No End" | Sophie Muller | |
| 2005 | "Juicebox" | Mike Palmieri |
| 2006 | "Heart in a Cage" | Samuel Bayer |
| "You Only Live Once" | ||
| 2007 | "You Only Live Once" (alternate version) | Warren Fu |
| 2011 | "Under Cover of Darkness" | |
| "Call Me Back"[23] | Albert Hammond, Jr. | |
| "Taken for a Fool" | Laurent Briet |
[editar] Notas
- ↑ The Strokes Artist Chart History: Albums. Consultado o 5 de abril de 2011.
- ↑ The Strokes Australia album chart history. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ The Strokes Austria album chart history. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ The Strokes Belgium album chart history. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ The Strokes France album chart history. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ The Strokes Germany album chart history. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ The Strokes Norway album chart history. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ The Strokes New Zealand album chart history. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ The Strokes Sweden album chart history. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ UK charts. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ 11,0 11,1 Gold and Platinum database. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ ARIA Charts – Accreditations – 2002 albums. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ Gold & Platinum Certification – November 2004. Consultado o 2011-02-24.
- ↑ Is This It Certified Awards. Consultado o 14 de marzo de 2008. }
- ↑ ARIA Charts – Accreditations – 2004 Albums. Consultado o March 14, 2008.
- ↑ Gold & Platinum Certification – November 2003. Consultado o 2011-02-23.
- ↑ Room on Fire Certified Awards. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ First Impressions of Earth Certified Awards. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ "The Strokes – Angles – Music Charts". acharts.us. Consultado o 8 de abril de 2011.
- ↑ http://www.allmusic.com/search/artist/the+strokes+billboard+chart+history%3A+singles%7C title=The Strokes Billboard Chart History: Singles| publisher=Allmusic| accessdate=14 de marzo de 2008}}
- ↑ The Strokes Norway singles chart history. Consultado o 14 de marzo de 2008.
- ↑ UK chartlog. Consultado o 9 de xullo de 2009.
- ↑ "The Strokes' Albert Hammond Jr makes 'art piece' for 'Call Me Back'". NME. March 29, 2011. Consultado o 9 de outubro de 2011.