Dinastía Tolemaica
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A dinastía tolemaica é aquela fundada por Ptolomeo I Sóter, xeneral de Alexandre Magno. Esta dinastía gobernou en Exipto durante o período helenístico, dende a morte de Alexandre até o ano 30 a. C., en que se converteu en provincia romana. Tamén foi coñecida co nome de dinastía láxida, pois Lagos se chamaba o pai (ou presunto pai) de Ptolomeo I, quen estabeleceu a capital deste reino en Alexandría, a gran cidade da época e que foi un dos meirandes centros comerciais e intelectuais da antigüidade.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
| Dinastía precedente | Período helenístico de Exipto | Dinastía vindeira |
|---|---|---|
| Dinastía Macedónica | Dinastía Tolemaica | Período Romano |