Dana (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie sobre
Mitoloxía celta
Coventina

Politeísmo celta
Deuses celtas

Antiga relixión celta

Druídas · Bardos · Vates
Relixión de Britania na Idade de Ferro
Trazos da relixión celta
Relixión galorromana
Relixión romanobritánica
Relixión na Gallaecia

Mitoloxía irlandesa

Tuatha Dé Danann
Ciclo mitolóxico
Ciclo do Ulster
Ciclo de Finn
Immrama · Echtrae

Mitoloxía galesa

Mabinogion · Taliesin
Cad Goddeu
Trioedd Ynys Prydein

Ver tamén

Celtas · Galia
Galacia · Celtiberos
Galaicos · Bretóns
Historia de Irlanda
Historia de Escocia
Historia de Gales

Índice de artigos relacionados

Na mitoloxía celta, Dana ou Danu, tamén chamada Anu ou Ana, é o nome irlandés (Dôn en galés) da nai de Dagda (o Bó Deus), polo que por nacemento pertencía ós deuses da vida, a luz e o día. Era compañeira do Bile irlandés, que semella corresponderse co Dis Pater latino, deus do cal se consideraban descendentes os galos. Os seus seguidores eran coñecidos coma Tuatha Dé Danann, que significa Fillos de Dana. O nome desta deusa pode ter relación cos nomes doutras deusas semellantes do territorio indo-europeo, coma pode ser Anna Purna na India.

Atinxíaselle o título de deusa da literatura. Foi nai de: Govannon, Llud, Amaethon, Gwydion e da deusa Arianrod. Con todo, no cristianismo, é relacionada coa Santa Ana, a nai de María.