Neit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía irlandesa Neit (Néit, Nét, Neith) era o deus da guerra. Era o home de Nemain, e ás veces de Badb. Tamén era o avó de Balor. Foi matado na lendaria Segunda Batalla de Moytura. O seu nome deriva probablemente do protocéltico *nei-t-[1], que significa loita ou paixón. Un nome de deus similar aparece en dúas inscricións celtiberas [2] como un romanizado Marte Neto e como Neito. Tamén coñecido como Crilly.

Notas[editar | editar a fonte]