Dagor Dagorath

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arda.Tengwar.svg A Historia de Arda
Anos Valianos

Anos das Lámpadas
Anos das Árbores
Anos do Sol

Idades dos Fillos de Ilúvatar
Batalla Final
Liña Temporal de Arda

Dagor Dagorath é o nome dunha batalla ficticia incluída no legendarium do autor británico J.R.R. Tolkien. O nome está na lingua ficticia Sindarin e significa Batalla Final.

O Silmarillion remata, na versión editada polo fillo de Tolkien, coa viaxe de Eärendil até as Terras Imperecedoiras; a versión orixinal remata coa chamada Segunda Profecía de Mandos, o Vala responsábel das Mansións dos Mortos e que ten papel de Oráculo dos Valar. Esa profecía é sobre a Dagor Dagorath, frecuentemente chamada A Fin.

A Profecía[editar | editar a fonte]

De acordo coa profecía feita por Mandos, o ex-Vala Morgoth, ou Melkor, o Señor Escuro, descubrirá como atravesar de volta as Portas da Noite que o manteñen encerrado no Eterno Baleiro desde a Guerra da Ira, e destruirá o Sol e a Lúa. Eärendil retornará da súa vixilancia no ceo e encontrará a Manwë, Rei dos Valar, o seu heraldo Eönwë, Tulkas, outro Vala e Túrin Turambar, humano cuxa familia foi maldicida por Morgoth.

Todos os Pobos Libres da Terra Media entón irán participar na Batalla: os Elfos os Humanos e os Ananos como se fosen un só. Xunto cos Humanos loitará Ar-Pharazôn, rei de Númenor, que permaneceu soterrado no Continente Sagrado xunto con toda a súa flota por ter desobedecido a vontade dos Valar.

Moitos inimigos volverán para loitar ao lado de Morgoth. Sauron, cuxo espírito arruinado fuxiu ao Baleiro despois da Guerra do Anel, retornará. Tamén todas as creacións de Morgoth volverán, como orcos e trolls. Non se sabe se algúns dos seus máis poderosos servos, como os Nazgûl, Ancalagon, Glaurung e Gothmog retornarán como Beren e Lúthien e talvez Scatha e Smaug. Gandalf cre que o Rei bruxo e os outros Nazgûl non morreran, mais foran lanzados ao Baleiro tamén, e polo tanto, retornarán con Sauron.

As forzas dos Valar loitarán contra Morgoth, Tulkas principalmente, mais é a mans de Túrin Turambar, coa súa espada Gurthang, contra quen Melkor sucumbirá, atravesándolle o corazón, vingando así súa familia. Entón as montañas Pelóri afundiranse no chan, e os tres Silmarils serán rescatados, do Ar, da Terra e da Auga, e o espírito de Fëanor, creador das tres pedras, será perdoado e poderá deixar as Estancias de Mandos para entregarllos a Yavanna Kementári, que os quebrará e a partir de súa luz, acenderá novamente a vida nas Dúas Árbores de Valinor.

A Batalla entón concluirá e renovará a existencia do Reino de Arda, a Terra, e todos os Poderes do Oeste volverán a ser mozos, e os Elfos volverán espertar, sen as lembranzas da súa vida pasada. Axiña, haberá unha segunda Música dos Ainur, que será cantada para dar existencia a un novo Mundo. Nesa música, todos os Fillos de Ilúvatar cantarán xuntos, facéndoa aínda máis bela cá primeira. Mais desa Música e do novo Mundo, os Ainur nada saben.

O Texto[editar | editar a fonte]

Como xa se dixo, só na versión orixinal do Silmarillion esa Segunda Profecía aparece, mais Christopher Tolkien publicouno sen ela, baseado nunha versión do Valaquenta na que non se di nas profecías de Mandos se a desfiguración de Arda será corrixida. Ese treito foi usado no desenlace do Quenta Silmarillion. Sen a Profecía, Christopher presumiu que a Dagor Dagorath fóra quitada tamén. El quedou sorprendido ao encontrar referencias posteriores a ela e unha nova versión, na cal Beren tamén retornaba para loitar. Hai algunhas partes da Profecía que se encontran no Silmarillion, como no Akallabêth, cando Ar-Pharazôn e seus guerreiros mortais pisaran Aman e foran soterrados por outeiros que se desprenderan, aprisionados até a Última Batalla e o día do Xuízo. Outra referencia é con relación a Fëanor, o creador dos Silmarils, e no libro afírmase que soamente na fin será revelado de que material foron feitas as pedras . Sen dúbida isto está inspirado na lenda Nórdica do Ragnarök.