Smaug

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Smaug é un dragón que aparece no conto longo O Hobbit de J. R. R. Tolkien.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o último dos grandes dragóns que quedaban na Terra Media, quen ademais derrotou ós ananos da Montaña Solitaria, tomando o seu tesouro, que procurou resgardar ata o fin dos tempos.

Foi o dragón máis grande da Terceira Idade, era grande de cor vermella-dourada, con enormes ás de morcego e unha pel de impenetrables escamas de ferro. O seu único punto débil, o ventre, estaba case por completo protexido por un chaleco de pedras preciosas e ouro, incrustadas na súa pel tras xacer durante séculos sobre o tesouro do Reino Baixo a Montaña.

Dentro da aventura emprendida por Bilbo Bulseiro n'O Hobbit, Smaug convértese no último obstáculo que deberán superar para recuperar o magnífico tesouro pertencente a Thorin Escudo de Carballo, herdeiro do seu avó o Rei Baixo a Montaña, Thrór. O dragón Smaug o Dourado chegou desde as afastadas Montañas Grises, no norte da Terra Media, atraído polas inmensas riquezas que acumularan os ananos. Alí arrasou a cidade de Val, xunto á montaña e despois matou ou expulsou a tódolos ananos que se atopaban no interior da montaña. Durante dous séculos durmiu satisfeito sobre o seu tesouro no interior de Erebor ata que Bilbo e os ananos roubaron a chamada Pedra da Arca do seu tesouro, o que o enfureceu e o moveu a atacar de novo a cidade de Val. Bilbo e os ananos vense favorecidos tralo ataque emprendido por Bardo (que despois pasou a ser o primeiro rei de Val), quen remata por matar a Smaug cravándolle una frecha negra na única parte do seu ventre núa de xoias.