Cyanopica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cyanopica é un xénero de aves da orde das paseriformes pertencente á familia dos córvidos,[1] distribuídas entre os extremos oriental e occidental de Eurasia.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do xénero esta formado polo termo do grego antigo κυανός (kyanós) azul escuro e o nome en latín pica pega, é dicir, pega azul.[2][3] que describe o aspecto dos seus membros, as pegas.

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1850 polo naturalista e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte na súa obra Notes ornithologiques sur les collections rapportées en 1853 par M. A. Delattre. Mallet-Bachelier, París 1854.

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero contén só dúas especies:[1]

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

A pica ibérica anteriormente considerada unha subespecie de Cyanopiva cyanus.

Durante moito tempo considerouse ao xénero Cyanopica monotípico, é dicir, integrado por unha soa especie, Cyanopica cyanus, con poboacións disxuntas nos dous extremos de Eurasia, posibelmente froito das últimas glaciacións que terían extinguido as poboacións intermedias e sobrevivindo illadas só as aves dos extremos costeiros máis cálidos. Porén, a pesar do seu aspecto similar as análises de ADN mostran gran diverxencia xenética entre as poboacións de Asia e a Península Ibérica, o que demostra que a separación entre ambas foi moi prolongada, podendo remontarse incluso ao Plioceno, polo que se considera que as dúas poboacións debían separarse en dúas especies, e por iso á antiga subespecie de España, Cyanopica cyanus cooki, se lle deu o rango de especie.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Frank Gill & David Donsker Crows, mudnesters & birds-of-paradise 2015 IOC World version 4.4. Consultada o 19 de maio de 2023.
  2. «ciano Arquivado 19 de outubro de 2014 en Wayback Machine.», Dicciomed.eusal.es. Diccionario médico–biológico, histórico y etimológico, Universidade de Salamanca, 2011. Consultado el 19 de maio de 2023.
  3. Jobling, James A (1991). Charles Lucien Bonaparte. OUP. ISBN 0 1985 4634 3. 
  4. BirdLife International (2012). Edición 2014.3. Lista vermella da UICN. Consultada o 19 de maio de 2023.
  5. A. Kryukov, M. A. Iwasa, R. Kakizawa, H. Suzuki, W. Pinsker e E. Haring. Synchronic east–west divergence in azure-winged magpies (Cyanopica cyanus) and magpies (Pica pica) Arquivado 09 de marzo de 2021 en Wayback Machine. J. Zool. Syst. Evol. Research 42 (2004): 342–345.