Alessandro Allori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Venus e Cupido
La pesca delle perle

Alessandro di Cristofano di Lorenzo del Bronzino Allori, nado en Florencia en 1535 e finado en 1607, foi un pintor italiano da escola florentina e pai do tamén pintor Cristofano Allori.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Discípulo do seu tío, Angelo Bronzino, ás veces mesmo adoptou do seu nome para asinar as súas propias pinturas. Visitou Roma en 1554, onde estudou coidadosamente as obras de Michelangelo, aínda que a súa influencia só se poida detectar na corrección coa que Allori traza os seus espidos.
As súas obras principais son Cristo entre os escribas, Expulsión dos mercaderes do templo e os retratos de Giuliano de Medici, Duque de Memours e Rafael.