Copa Galiza de Rugby 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Copa Galiza de Rugby 2007 foi a 19 edición da Copa Galiza na modalidade de rugby. A competición disputouse entre o 4 de febreiro de 2007 (día da primeira xornada da Primeira Fase) e o 2 de xuño do mesmo ano (día no que se celebrou a final). Esta edición contou coa participación de 12 equipos das distintas categorías do rugby, tanto de Galiza coma do Estado español.

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

(1) Equipos clasificados directamente para os cuartos de final.

(2) Equipos que xogaron a fase de clasificación (Primeira Fase).

Primeira Fase[editar | editar a fonte]

Os equipos non clasificados directamente para os cuartos de final dividíronse en dous grupos e xogaron unha liguiña previa de clasificación, na que pasaron á seguinte rolda os primeiros de cada grupo.

Grupo A[editar | editar a fonte]

10 de febreiro - Bastiagueiro (A Coruña)
C.D. Zalaeta 81 Muralla R.C. "B" 0
18 de febreiro - Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)
Os Ingleses 29 C.D. Zalaeta 23
3 de marzo - Castro de Rei
Muralla R.C. 17 Os Ingleses 37

Clasificouse Os Ingleses ao gañar os seus dous partidos.

Grupo B[editar | editar a fonte]

10 de febreiro - Lagoas Marcosende (Vigo)
Vigo R.C. "B" 55 C.R. Fendetestas 0
17 de febreiro - A Malata (Ferrol)
Vigo R.C. "B" 29 C.R.A.T. "B" 3
3 de marzo - As Pontes
C.R. Fendetestas 83 C.R.A.T. "B" 3

Clasificouse Vigo R.C. "B" ao gañar so seus dous partidos.

Fase Final[editar | editar a fonte]

O cruzamento de cuartos fíxose por sorteo entre os equipos diréctamente clasificados e os dous equipos da Primeira Fase clasificados.

Cuartos de final Semifinal Final
                   
Renuncia do ARV Ourense a presentarse        
 ARV Ourense   -
19 de maio, Lagoas Marcosende (Vigo)
 Vigo R.C. "A"   -  
 Vigo R.C. "A"   15
10 de marzo, Lagoas Marcosende (Vigo)
   Vigo R.C. "B"   43  
 Vigo R.C. "B"   20
2 de xuño, Lagoas Marcosende (Vigo)
 C.R. Lalín   5  
 Vigo R.C. "B"   22
10 de marzo, Estadio da Xuventude (Pontevedra)
   Club de Rugby Arquitectura Técnica   10
 Mareantes R.C.   10
25 de maio, Acea da Ma (Culleredo)
 C.R.A.T.   50  
 C.R.A.T.   33
11 de marzo, Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)
   Muralla R.C.   10  
 Ingleses R.C.   18
 Muralla R.C.   33