Conversa usuario:Rlopglez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Preciso dun wikipedista ou bibliotecario.[editar a fonte]

Moi boas a todos. Precisaría da axuda dun bibliotecario ou dun wikipedista para a creación de varios artigos. Espero unha resposta. Saludos.

Dámosche a benvida á Galipedia, Rlopglez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--MAGHOI (conversa) 29 de novembro de 2019 ás 17:46 (UTC)[responder]

Artigos de futbolistas[editar a fonte]

Ola Usuario:Rlopglez. Vaiamos por partes. En primeiro lugar, benvido e a darlle duro. Na Galipedia non hai aceptación previa ou non dun artigo. Sempre e cando teña unhas pautas mínimas de estilo (podes botarlle unha ollada á resposta anterior, con esas ligazóns), e teña un certo interese enciclopédico e te interese a tí, todos, son válidos. Polo tanto, nesta contorna colaborativa, todos colaboramos para que a Galipedia teña unha boa calidade. Polo tanto, se ese é o teu interese, adiante.
Si é importante a cuestión do formato para que sexa recoñecible e para ter unha estrutura fixa que nos axude a facer os artigos. Por iso, a diferencia da española, preferimos empregar o concepto de "Traxectoria" cando comezamos facer unha biografía. Por suposto, despois pódense engadir os apartdados que se queira. Tamén en vez de Referencias, empregamos "Notas" e así, hai uns elementos de formato preestablecidos, e que coñecerás enseguida se perseveras. Outra cuestión importante é que os contidos deben estar referenciados no posible (e as referencias tamén teñen o seu formato) e non se poden empregar imaxes ou contidos que non estean no dominio público (si se poden refernciar).
Polo demais, non te preocupes porque a comunidade irá retocando os artigos ou te comentará os cambios para melloralos. En calquera dos casos, podes pedir axuda a min ou a quen precises que gustosamente axudaremos non posible. Outra cousa. Sobre o de aparecer en Google, efectivamente. Dependendo do ordenador, se están configurados parámetros como que busque contidos en Galego ou en Galiza, ou que exista máis ou menos información, como no exemplo anterior que poñías, sairá o artigo da Galipedia como o referente desa información (de aí o obxectivo de ofrecer unha información e un formato de calidade). Fnalmente, cando mandes un aviso, debes asinalo para que te poidan constestar. Se non, o aviso chegará pero non se saberá quen o mandou. Para asinalo, podes premer na icona que está na parte superior esquerda do editor (entre o "C" das palabras en cursiva e o signo de "infinito"). Un saúdo e aquí estamos para o que precises. --MAGHOI (conversa) 29 de novembro de 2019 ás 18:00 (UTC)[responder]

Wikidata[editar a fonte]

Ola, R!

Google adoita tomar os datos de Wikidata. Podes crear a ficha correspondente para David Pérez Doval (crear elemento novo) e meterlle datos seguindo o exemplo dalgún outro xa creado; por exemplo d:Q26380 é o elemento de Iago Aspas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de novembro de 2019 ás 20:29 (UTC)[responder]

Ola, R! O elemento de Wikidata sobre o David Pérez Doval quedou bastante ben (grazas, Usuario:HombreDHojalata pola axuda!). Agora o seu sería contar con algún control de autoridade (por exemplo: podes ver que o Iago Aspas ten ficha nas webs UEFA player, Transfermarkt, Soccerbase, BDFutbol, FootballDatabase...). Os controles de autoridade aparecen abaixo de todo no artigo de Wikipedia (Iago Aspas). Respecto ao do panel de información para o buscador Google, non é algo automático e inmediato, pero ha axudar. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de novembro de 2019 ás 07:52 (UTC)[responder]
Ola, R. Non teño a menor idea de como funcionan os algoritmos de Google, e a verdade é que non me preocupa demasiado o tema. Google é unha empresa privada, aquí procuramos traballar polo coñecemento libre nos proxectos Wiki (Wikipedia, Wikidata ou Commons, por exemplo). Por favor, lembra asinar as túas mensaxes para saber quen me escribiu :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de novembro de 2019 ás 11:10 (UTC)[responder]
Ola, R. Non sei quen é o Jacobo Vilariño ese; se hai información sobre el en fontes e rexistros, pois adiante. --Estevo(aei)fálame aquí 1 de decembro de 2019 ás 11:55 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Rlopglez. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 29 de novembro de 2019 ás 22:35 (UTC)[responder]

Re: Creación dun artigo[editar a fonte]

Ola Rlopglez. Agora mesmo estou en varios proxectos (entre eles o da Wikimalla) polo que non dispoño de moito tempo. Pero, por que non o fas ti? Non hai problema, como che dixen nunha mensaxe anterior. E así, en caso de que houber algún erro, non te preocupes porque se irán solucionando.
Se queres, que eu saiba o especialista en deportes é Adorian, pódeslle mandar un aviso. El traballa sobre todo en rugby e hoquei das ligas americanas e, quizais, podería estar interesado. Por certo, non te esquezas de asinar as túas mensaxes como che dixo Usuario:HombreDHojalata, é moito máis doado de comom o fas ti. Un saúdo--MAGHOI (conversa) 1 de decembro de 2019 ás 12:04 (UTC)[responder]

RE:Artigo sobre David Pérez Doval[editar a fonte]

Boas Rlopglez, engadín a referencia ó artigo, agora está un pouco máis clara a cousa xa que ó poder acceder á fonte da información calquera pode comprobala, por iso é tan importante que as achegas estean ben referenciadas e se baseen nelas. Deberías engadir máis referencias, desa web ou outras que sexan fiables, ó artigo, se precisas axuda para facelo podes consultar Wikipedia:Citar as fontes, e se tes calquera dúbida podes contactar de novo comigo. Tamén podes ver como o fixen eu consultando os cambios que fixen, podes velos aquí.

Non sei como fai Google para poñer as caixas, o que si vin foron os datos de Wikidata e penso que están ben.

Outra cousa que creo que deberías revisar, antes de seguir con este tipo de artigos, é Wikipedia:Relevancia enciclopédica e Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2019 ás 10:42 (UTC)[responder]

Re: artigo David Pérez Doval[editar a fonte]

Ola, respondoche de volta. Cres que este artigo non e apto para a wikipedia española? Ou que lle faltaría para poderse publicar na wikipedia? Se podes axudarme e tés experiencia na wikipedia española agradeceriacho Firmado: Rlopglez Enlace da miña conversa: https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Usuario:Rlopglez#/talk Rlopglez (conversa) 2 de decembro de 2019 ás 11:25 (UTC)[responder]

Dubido que este artigo sexa apto para a Galipedia..., segundo o que eu penso o que lle falta é relevancia enciclopédica..., e volvo repetirche que revises a páxina do que Non é a Wikipedia, en concreto, non é un lugar para facer publicidade... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2019 ás 13:41 (UTC)[responder]
Fas publicidade desa persoa, é igual que debutara ós 17 anos en terceira división ou ós dez, iso non ten relevancia enciclopédica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2019 ás 10:35 (UTC)[responder]
Sentíndoo moito, propuxen esa páxina para borrado, podes participar na conversa en Wikipedia:Votacións para borrar/Votacións. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2019 ás 10:39 (UTC)[responder]

Re: David Pérez Doval[editar a fonte]

Pois non o entendo. Entón o artigo de Keko Vilariño tamen ten que ser borrado? Claro que ten relevancia enciclopédica, non todos os xogadores debutan en 3a división con 17 anos. Non estou facendo publicidade a nadie, ademáis esta ben redactado cos seus clubes e todo. Firmado: rlopglez Rlopglez (conversa) 3 de decembro de 2019 ás 10:53 (UTC)[responder]

Artigo David Perez Doval[editar a fonte]

Ola bos dias. Preciso da tua axuda xa que un usuario puxome a miña paxina para borrala. E eu non controlo moito... en ningun momento fago publicidade deste chico xa que non calquera debuta en terceira con 17 anos. Que podemos facer para manter o artigo? Un saudo e espero resposta. Rlopglez (conversa) 3 de decembro de 2019 ás 10:56 (UTC)[responder]

relevancia enciclopédica[editar a fonte]

Ola, R; para min o artigo sobre David Pérez Doval non ten relevancia enciclopédica. O feito de xogar algún partido na cuarta categoría española de fútbol, coa idade que sexa, non é moi destacado. Pero anímote a seguir editando! Se che gustan os artigos de deportes, bótalle un ollo á sección Deporte en Galicia na páxina de artigos solicitados. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de decembro de 2019 ás 18:11 (UTC)[responder]

Ola, R; vouche deixar aquí un pequeno comentario a teor da votación. O primeiro é que isto pode pasarlle a calquera: é moi fácil que no primeiro intento de facer un artigo na Wikipedia teñamos erros. Entramos nunha nova comunidade, que ten as súas regras e tradicións, e é imposible que as controlemos todas. Así que moitas grazas polo que fixeches, e moitas grazas por manter un espírito construtivo. Ás veces, incluso tendo a razón, non conseguimos convencer os demais: entendo a frustración, pero pediríache que non te desanimases por isto. En segundo lugar, eu si coincido contigo en que o artigo ten relevancia enciclopédica. Pero pode ser que perdamos a votación: iso sucede centos de veces e está ben que así sexa. Quero dicir, ao mellor os que teñen razón son os outros, ou non a teñen pero este artigo entrou no momento inaxeitado pola porta que non cadraba. Insisto, non te preocupes: podes tentalo con outros artigos, e eu axudareiche a que sexan máis sólidos e máis interesantes. E máis nada, moitas grazas polo teu traballo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de decembro de 2019 ás 06:58 (UTC)[responder]

RE: Artigo David Pérez Doval[editar a fonte]

Ola Rlopglez! Antes de nada, grazas por participar na Galipedia. Sobre o artigo en cuestión eu non creo que te poida ser de axuda, o meu posicionamento en contra do borrado vén porque considero que os motivos polos que se quere borrar son subxectivos. Eu non podo xulgar tampouco as túas intencións. Creo que para saber que cousas mellorar no artigo o mellor é que fales con xente que saiba de fútbol, aínda que teño feito artigos sobre ese deporte o certo é que non o sigo nin me gusta especialmente. Sobre que mellorar para que non o borren, temo que non podes facer nada, o argumento para borralo é que consideran que ese xogador non tivo unha carreira ou uns logros o suficientemente relevantes como para estar na Galipedia, e contra iso non podes facer nada. O meu consello é que comeces traducindo artigos de calidade sobre o tema noutras linguas que coñezas e leas exemplos de artigos de calidade na Galipedia (biografías deportivas hai poucas, pero poden serche útiles, xa que son os artigos que a comunidade considerou exemplares (aínda que non vaias facer un artigo así sobre este xogador). Un saúdo! Piquito (conversa) 5 de decembro de 2019 ás 17:44 (UTC)[responder]

RE: ARTIGO DAVID PEREZ DOVAL[editar a fonte]

Que xogara nos filiais deses equipos en categorías inferiores non é relevante, tampouco o sería aínda que tivera xogado no Real Madrid ou o Barcelona, o fito sería que o fixera na Segunda División ou en Primeira, esas son categorías profesionais, segunda B é unha categoría semi-profesional, e o resto son categorías amateur polo que non se pode considerar que xogar nelas sexa algo relevante, sexa cos anos que sexa. Ou xogou algún partido nas categorías profesionais ou semi-profesional? Se é así, engade referencias para verificalo ou dime as fontes onde comprobalo e engádoas eu e reconsiderarei a consulta de borrado.

Outra cousa, eu non dixen que o artigo fose publicidade, iso díxoo outro usuario, pero seguindo o teu argumento, se ninguén vai meterse na Galipedia para seguir a este xogador, entón é que o artigo non é necesario...

Outra cousa, tes que diferenciar entre a Wikipedia en castelán e a Wikipedia en galego, cada Wikipedia ten as súas normas e políticas, eu non sei nada dese artigo e non lle afecta á Galipedia.

Como che dixen arriba, creo que poden ser relevantes os xogadores que participaran nunha liga profesional ou semi-profesional, hai moitos xogadores nesas categorías que aínda non teñen artigo, incluso dos equipos galegos.

E os artigos non teñen que molestar nin non molestar, os artigos deben de ser de cousas ou persoas relevantes, na Wikipedia en castelán teñen máis dun millón de artigos, nós só 160.000, traducir artigos dos que nos faltan é unha moi boa forma de colaborar. Agradézoche o teu traballo e espero que continúes colaborando, se precisas axuda con algo podes contactar comigo e botareiche unha man no que poida, pero non podo cambiar o meu parecer respecto do artigo xa que non creo que sexa axeitado que estea na Galipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2019 ás 10:12 (UTC)[responder]

Proposta de borrado[editar a fonte]

Ola! Sobre o riscado do voto, como podes ver na zona comentarios significa que aínda o estou a valorar, e que preciso un tempiño xa que non me queda claro personalmente que se axuste os criterios que se expón. Podes ir lendo o debate nesa mesma páxina. Sobre o que se pode facer, pois non sei que dicirche. Eu mesma estiven buscando máis referencias para darlle máis peso o artigo, pero o certo é que non dei con máis. Non te desanimes, ás veces pasa. Este é un traballo en equipo e polo momento ten unhas normas derivadas duns límites obxectivos: os servidores que aloxan as Wikipedias son finitos e comportan custos e gastos, por máis que non adoitemos pensar nesa parte física. Non existe a capacidade material de recoller a suma de absolutamente todo o coñecemento. Ningunha enciclopedia, en todo caso, se deseñou nunca con ese fin tan ambicioso. Pero esta é a miña opinión. Saúdos!Maria zaos (conversa) 6 de decembro de 2019 ás 10:40 (UTC) Maria zaos (conversa) 6 de decembro de 2019 ás 11:08 (UTC)[responder]

Unha cousiña pequena máis. Dis na túa mensaxe: "para que me quiten o artigo". As contribucións feitas por quen aquí edita libéranse baixo esta licenza. O traballo de construción da Galipedia, como ben se indica na portada, é colaborativo. Quere isto dicir que non entendo o "me" da túa mensaxe: o artigo, igual que calquera outro é "propiedade" de todas, ou sexa, de ninguén en concreto. Todo artigo está suxeito a posibles modificacións futuras por parte doutras persoas, que serían impensables baixo unha idea de "propiedade" dos artigos. Si están recoñecidas e atribuídas a cada autor ou autora, por suposto, todas e cada unha das achegas ou edicións feitas na Wikipedia. Por outra banda, o mantemento ou borrado do artigo que indicas está sendo sometido a debate nestes momentos para establecer se cumpre as normas e políticas da Galipedia ou non. Ninguén, nin eu nin outras persoas que así o expresaron xa, desvalora o teu traballo de edición e de feito agradecemos que decidiras colaborar neste proxecto. Pero como xa se indica na Benvida a cada novo editor ou editora, toda edición ten que cumprir coas políticas da Galipedia. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 6 de decembro de 2019 ás 18:44 (UTC)[responder]

O camiño[editar a fonte]

Ola de novo, acabo de ver as mensaxes acabas de deixarlles a dúas persoas sobre un artigo para borrar. Aconsélloche que non vaias por ese camiño, non só non vas conseguir "salvar" o artigo que fixeches senón que vas quedar como unha persoa revanchista ("ah, que o meu non vale? Pois este tampouco, este tampouco...). Creo que é algo que non te vai achegar nada bo, e no caso de querer continuar no proxecto, espero que así sexa, non te vai axudar na relación coas outras persoas que colaboran. Hai uns días deiche a miña opinión é reitero o meu consello de comezar aos poucos, ampliando algún artigo xa creado ou actualizándoo (seguro que hai moitos artigos de futbolistas e clubs de fútbol que están desactualizados), e traducindo artigos de calidade doutras Wikipedias, xa que traducindo traballos de altísimo nivel apréndese moito (dígocho por experiencia porque traducín unha chea deles, grazas aos cales puiden crear artigos "propios" dun bo nivel). Ninguén nace aprendido, e o mellor xeito de aprender é vendo as grandes obras. Un saúdo, Piquito (conversa) 7 de decembro de 2019 ás 22:38 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Rlopglez. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 7 de decembro de 2019 ás 23:15 (UTC)[responder]

RE: Sacalo de borrado[editar a fonte]

Olá de novo. Non podo pechar a votación, o que se sinala na mesma é que durará canto menos ata o 10 de decembro, pero non considero que haxa un resultado claro en favor de ningunha das dúas posturas. Creo que o mellor é que consultes a algunha administradora, podes deixarlles unha mensaxe no taboleiro das administradoras, aínda que no estado actual da votación creo nun 99,9% que se manterá uns días máis, canto menos mentres non se pronuncien as dúas usuarias que están considerando o seu voto, ou ata que pase un tempo sen actividade na votación. Ten paciencia e aparca este tema. Un saúdo, Piquito (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 12:22 (UTC)[responder]

RE: Artigo dun futbolista[editar a fonte]

Boas. Se cadra solicitan o borrado polos datos que citas de categorías inferiores (como non relevantes) ou se cadra por non ter axeitado o cadro. O certo é que o xogador ten un perfil interesante, como dis, e hai artigos máis pobres doutros futbolistas que non teñen a solicitude de borrado. Ao mellor sería interesante dar máis datos na biografía. Espero terche axudado. Krisko (conversa) 14 de decembro de 2019 ás 17:29 (UTC)[responder]

RE: "... meus artigos"[editar a fonte]

Ola de novo, compañeiro.

O primeiro que tes que comprender (xa cho intentaron explicar[1]) é que non hai meus artigos, nin teus artigos.

Bótalle un ollo, por favor, a: Wikipedia:Propiedade do contido.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 17 de decembro de 2019 ás 08:19 (UTC)[responder]

Boas Rlopglez. Contéstoche eu á pregunta. Normalmente cando outra usuaria revirte unha edición é porque esa edición non é correcta (faltas de ortografía, cadros incorrectos, imaxes con licenzas non compatibles que foron borradas, vandalismos...), non sei que edicións túas revertiu esta usuaria, tan só vin que revertiu unha na que puxeras "Perez" (sen til) e mudouno á versión anterior (con til), polo que a reversión parece correcta≥. O mellor é que mires cada unha das reversións (podes facelo indo ao historial e picando enriba de "anterior", verás as dúas versións e o modificado aparecerache resaltado) e se consideras que algo non é correcto comentarllo á usuaria ou a algunha administradora para que medie e evitar "guerras de edicións".
Finalmente, aínda que eu ou boa parte da comunidade entendamos que cando falas dos "meus artigos" non o fas no sentido de propiedade, recoméndoche que empregues fórmulas como "os artigos que eu creei" (aínda que sexa considerablemente máis longo), para evitar que algunha usuaria empregue iso para non contestar á túa pregunta, como parece ser o caso. Un saúdo, se tes algunha dúbida ou precisas algunha aclaración sobre o que te comentei podes contactar comigo. Piquito (conversa) 17 de decembro de 2019 ás 09:58 (UTC)[responder]

Ola Piquito. Co término “meu artigo” refirome ao que eu creei. Un saudo Rlopglez (conversa) 17 de decembro de 2019 ás 13:45 (UTC)[responder]

Ola de novo Rlopglez, como xa te dixes eu entendo perfectamente ao que te refires. O meu comentario aclarábache simplemente a pregunta que lle fixeches a outra usuaria e, como se pode ver no primeiro comentario deste fío, non te quixo responder. Para que non te pase de novo fíxenche unha recomendación que podes seguir ou non. Un saúdo e boa entrada no 2020, Piquito (conversa) 1 de xaneiro de 2020 ás 19:22 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Ola,Rlopglez. Para comunicarte con outras persoas que editan aquí, é mellor que lles escribas na súa páxina de conversa, do contrario non terán aviso de que lles contestache e o máis probable e que non o cheguen a ler. Se queres respostar dentro desta túa páxina de usuario recoméndoche que deixeis unha mención como esta [[Usuaria:Maria zaos]] ou uses oModelo:Resposta a para que lles chegue aviso. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 17 de decembro de 2019 ás 22:31 (UTC)[responder]

Chamada ao civismo[editar a fonte]

Ola, Rlopglez. Aconsélloche que cando te dirixas a outra persoa editora sobre un artigo concreto indiques a que artigo te estás a referir, xa que son moitos os artigos nos que se traballa ao longo dun día nesta comunidade. Igualmente, como xa se che indicou anteriormente nesta páxina de conversa, revisar o historial da páxina axuda a asegurarse de estarse a dirixir á persoa concreta que fixo unha edición que queiras discutir. De novo, lémbroche que calquera comunicación debe axustarse ás políticas da Galipedia de Conduta e Civismo. Esta indicación vén polo ton empregado aquí. Non sei se te refires ao artigo David Pérez Doval, pero polo si ou polo non, debo dicirche que non debes retirar o marcador de votación de borrado en curso do artigo, xa que a votación segue aberta. É por esta razón que se revertiron por dúas veces os borrados que se fixeron, entendo que probablemente inintencionadamente, do devandito marcador, como podes ver aquí no teu caso e aquí no caso doutro usuario. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 1 de xaneiro de 2020 ás 18:47 (UTC)[responder]

Fai o favor[editar a fonte]

Ola Rlopglez. Fai o favor de non eliminar o marcador mentres ningunha usuaria peche a votación aberta no artigo de David Pérez Doval‎. Se queres fala con algunha administradora para que peche a votación e retire o marcador, pero mentres iso non ocorra non podes retirar o marcador do artigo, debes respectar o proceso de votación, sexa este favorable ou non, e repito, se consideras que pasou moito tempo e que a votación debería estar pechada fálao con algunha administradora. Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2020 ás 00:27 (UTC)[responder]

Referencias nos proxectos wikimedia[editar a fonte]

Boas. Por favor, revisa a política WP:V. É moi grave achegar referencias que non apoian un texto ou declaración determinados. Retirei varias das referencias que achegabas na ficha de Wikidata de David Pérez Doval porque os datos que constaban nas declaracións non figuraban nas fontes sinaladas. Tamén é importante que leas o formato esixido para cada identificador en WD (pinchando no nome do identificador tes máis información), xa que non é o mesmo a URL que o formato aceptado para cada identificador. Modifiquei os identificadores que achegaches en WD en consecuencia. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 23 de xaneiro de 2020 ás 23:15 (UTC)[responder]