Confederación de Agrupacións Políticas Independentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Confederación de Agrupacións Políticas Independentes
Logo
Tipofederation of political parties
Data de fundación28 de marzo de 2009
SedeLeganés
PaísEspaña
Na rede
http://www.terceravia3v.com/
editar datos en Wikidata ]

A Confederación Nacional de Agrupaciones Políticas Independentes (CAPI) é unha confederación de partidos políticos españois de carácter independente con ámbito de actuación nacional. CAPI busca axuntar as forzas dos numerosos grupos políticos independentes de España de ámbito local e rexional para converterse nunha alternativa política real ao bipartidismo . Entre os seus principais obxectivos están a obtención de representación a nivel nacional e a modificación da actual Lei Electoral. O seu lema é: libres para pensar, independentes para actuar.

As súas orixes están nos congresos de partidos políticos independentes celebrados entre 2004 e 2009 en Cuenca, Aranjuez, Almansa, Majadahonda e Mérida, sendo deste xeito un proxecto xestado durante varios anos. A súa constitución realizouse en Mérida o 28 de marzo de 2009, e o seu recoñecemento oficial culminou coa inscrición no Rexistro de Partidos Políticos en marzo de 2010. O seu congreso fundacional celebrouse en Leganés o 12 de xuño de 2010, e contou coa asistencia de representantes de grupos políticos de numerosos lugares de España.[1] O seu actual presidente é o líder e concelleiro de ULEG Carlos Delgado, tamén o é de CAPI.[2]

En abril de 2014 anunciouse que CAPI e Cidadáns-Partido da Cidadanía subscribiron un acordo de colaboración mutuo, que culminou na participación nunha candidatura conxunta nas eleccións europeas de 2014.[3] Así mesmo, a valenciana Renovació Política abandonou CAPI para presentarse xunto a outras formacións ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.[4]

A CAPI oponse á reforma electoral, que propón o Partido Popular para as eleccións municipais. Ademais expresou a súa intención de crear un grupo de traballo xunto con Ciutadans, UPyD e outros partidos independentes para crearen unha estratexia común de cara ás próximas eleccións autonómicas e municipais[5].

Membros[editar | editar a fonte]

Partido Ámbito Concelleiros
Agrupación de Electores Independientes Zamoranos (ADEIZA) provincia de Zamora, Castela e León 87
Unión por Leganés (ULEG) Leganés, Comunidade de Madrid 4
Iniciativa Independiente por Villarejo Villarejo de Salvanés, Comunidade de Madrid 0
Independientes por Extremadura (IPEX) Estremadura 59
Compromiso con Aragón Aragón 52
Compromiso por Gran Canaria provincia das Palmas Canarias 4
La Voz Independiente de Aragón (L'VIA) Aragón 1
Partido Regionalista de Castilla y León (PRCAL) Castela e León 90
Unión del Pueblo Salmantino (UPS) provincia de Salamanca, Castela e León 69
Iniciativa Ciudadana por Paracuellos Paracuellos de Jarama, Comunidade de Madrid 5
Agrupación de Electores Independientes de Almansa Almansa, Castela-A Mancha 3
Unión do Pobo Ribadense Ribadeo, Galicia 1
Unión Popular de Boiro Boiro, Galicia 1
Total 376
Presentación de CAPI, de esquerda a dereita: Miguel Ángel Mateos (ADEIZA), Carlos Delgado(ULEG), Luis Fuentes(Unión del Pueblo Salmantino) e Jesús Fraile (Independientes por Aragón).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Los independientes se unen bajo la marca CAPI para erigirse en la tercera vía política de España
  2. capi-independientes.blogspot.com.es, ed. (8 de abril de 2013). "Un movimiento independiente para las europeas". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  3. CAPI e Cidadáns-C's asinan un acordo de colaboración para "reforzar unha nova forma de facer política", A Tribuna de Salamanca, 14 de abril de 2014.
  4. Proxecto Europa[Ligazón morta], ABC, 14 de abril de 2014.
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2014. Consultado o 26 de setembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]